Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Fotocopia cotexada da acreditación de cumprir os requisitos de acceso á formación realizada.

Para certificados de profesionalidade de nivel 2, ESTAR NALGÚN DESTES SUPOSTOS:

  • Ter superada as probas das competencias clave de nivel 2, correspondentes a cada certificado de profesionalidade.
  • Dispoñer dun certificado de profesionalidade de nivel 2 ou de nivel 3, e tamén de nivel 1 sempre e cando sexa da mesma familia e área profesional que a do certificado de profesionalidade que se solicita.
  • Ter o título da ESO ou equivalentes, ou titulacións que dean acceso a ciclos de grao medio.
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos de grao medio ou a proba de acceso á universidade.
  • Ter superados todos os módulos obrigatorios dun PCPI.
  • Ter superado o curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao medio.
  • Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen na táboa 1.


Para certificados de profesionalidade de nivel 3, ESTAR NALGÚN DESTES SUPOSTOS:
 

  • Ter superada as probas das competencias clave de nivel 3, correspondentes a cada certificado de profesionalidade
  • Dispoñer dun certificado de profesionalidade do nivel 3 ou de nivel 2 sempre e cando sexa da mesma familia e área profesional que a do certificado de profesionalidade  que se solicita.
  • Ter o título Bacharelato (LOE,LOXE) ou equivalentes, ou titulacións que dean acceso a ciclos de grao superior.
  • Ter superada a proba de acceso a ciclos de grao superior ou a proba de acceso á universidade.
  • Ter un título de grao medio e ter superado un curso de formación específico para o acceso a ciclos de grao superior
  • Ter superados estudos regrados e probas do sistema educativo que se recollen na táboa 2.

NON SERÁ NECESARIO APORTAR DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA, se esta foi expedida pola Dirección Xeral de Formación e Colocación; nos seguintes casos:

  • Ter superado as probas de competencias clave.
  • Ou posuír un certificado de profesionalidade do mesmo nivel.
  • Ou posuír un certificado de profesionalidade dun nivel inferior da mesma familia e área profesional.

Neste suposto, coa solicitude e demais documentación, deberase acompañar o seguinte documento cuberto: Documento