Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Apertura de centros de traballo

Comunicación de apertura ou reanudación de actividade de centros de traballo

Obxecto do trámite

Comunicar á autoridade laboral a apertura dun centro de traballo ou de continuación da actividade despois de efectuar alteracións, ampliacións ou transformacións de importancia.

Quen pode solicitalo
 
Empresarios ou representantes legais destes
 
Cando se solicita

O empresario deberá realizar a comunicación á Xunta de Galicia, previamente ou dentro dos trinta días seguintes ao feito que a motiva, cubrindo a parte A do impreso.

Non obstante, nas obras de construción incluídas no ámbito de aplicación do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción, a comunicación de apertura do centro de traballo deberá ser previa ao comezo dos traballos cubrindo tanto a PARTE A como a PARTE B do impreso, deberá expoñerse na obra nun lugar visible e se manterá permanentemente actualizada, en caso de que se produzan cambios non identificados inicialmente, e só a terán que realizar os empresarios que teñan a condición de contratistas. O promotor deberá facilitar aos contratistas os datos que sexan necesarios para o cumprimento desta obriga. Como consecuencia, os subcontratistas non terán que realizar o trámite de comunicación de apertura.

Destacados

    Non hai ligazóns destacadas