Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Asociacións empresariais e sindicais

DEPÓSITO DE ESTATUTOS DE ORGANIZACIÓNS SINDICAIS E EMPRESARIAIS

Accesos á aplicación para o depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais:

A Coruña  |  Lugo   |  Ourense   |   Pontevedra   |  Galicia

 

Listaxe de asociacións empresariais e organizacións sindicais

Normativa: 

  • Lei 19/1977, do 1 de abril, sobre regulación do dereito de asociación sindical (BOE n.º 80, do 4.04.1977)
  • Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.
  • Real decreto 416/2015, do 29 de maio , sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais.

 
Obxecto: 

O depósito dos estatutos das organización sindicais e empresariais, integradas por empresarios con persoas traballadoras ao seu cargo.

Queda excluído o depósito dos estatutos das asociacións profesionais de traballadores autónomos, que se rexe pola súa lexislación específica.

  

Trámites que son obxecto de depósito: 

  • Constitución de sindicatos e asociacións empresariais.
  • Constitución de federacións e confederacións de sindicatos e de asociacións empresariais.
  • Modificacións de estatutos.
  • Afiliación de organizacións sindicais e empresariais a outras de ámbito superior, tanto de carácter funcional como territorial, así como a súa desvinculación destas
  • Fusión e a integración de organizacións sindicais e empresariais
  • Suspensión e disolución das organizacións sindicais e empresariais.
  • Acordos de designación e renovación dos cargos que ostentan a súa representación legal. 

 

Requisitos básicos: 

  • Mínimo tres promotores.
  • No caso das organizacións sindicais, as persoas promotoras deberán ser traballadoras por conta allea en activo.
  • No caso das organizacións empresariais, as persoas promotoras, físicas ou xurídicas, deberán ser empresarias desde o punto de vista laboral, é dicir, ter persoas traballadoras ao seu cargo.
  • Só poderán constituír federacións e confederacións as organizacións promotoras cuxos estatutos estean depositados no correspondente depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais.
  • Tanto os sindicatos como as asociacións empresariais terán que ter entre os seus fins os propiamente laborais que os identifican, sendo medios típicos de acción, entre outros, a negociación colectiva laboral, o plantexamento de conflitos colectivos de traballo, o diálogo social e a participación institucional nos organismos das administracións públicas.

 

 Constitución de sindicatos e asociacións empresariais  

  • Xunto coa solicitude deberán presentar a seguinte documentación: 

a) Acta fundacional, que deberá conter: 

1.º Nome e apelidos das persoas promotoras do  sindicato ou da asociación empresarial, domicilio e número de identificación fiscal. No caso de persoas xurídicas, deberá constar o nome ou razón social xunto aos datos que identifiquen as persoas que as representen.

2.º A denominación do sindicato ou da asociación empresarial, incluídas as súas siglas ou acrónimo, no seu caso, que deberá coincidir coa que figura no texto dos estatutos.

3.º Lugar e data de levantamento da acta, que deberá estar asinada ben dixitalmente ou ben en todas as súas páxinas polos promotores, ou polas persoas que as representen no caso de persoas xurídicas.

4.º A designación dos membros dos órganos provisionais de goberno que representan á organización.

 

b) Os estatutos aprobados, que deberán estar asinados ben dixitalmente ou ben en todas as súas páxinas polos promotores, ou polas persoas representantes no caso de persoas xurídicas, deberán conter cando menos:

1.º A denominación do sindicato ou da asociación empresarial, incluídas as súas siglas ou acrónimo, no seu caso, que non poderá coincidir nin inducir a confusión con outra legalmente rexistrada.

2.º O domicilio e o ámbito territorial e funcional de actuación do sindicato ou da asociación empresarial.

3.º Os órganos de representación, goberno e administración e as súas normas de funcionamento, así como o réxime de provisión electiva dos seus cargos, que terán que axustarse a principios democráticos.

4.º Os requisitos e procedementos para a adquisición e perda da condición de afiliado.

5.º O réxime de modificación dos estatutos, de fusión e de disolución do sindicato ou da asociación empresarial, así como, neste último caso, o destino do patrimonio da asociación que non desvirtúe o carácter non lucrativo das organizacións sindicais e empresariais.

6.º O réxime económico do sindicato ou da asociación empresarial que estableza o carácter, a procedencia e o destino dos seus recursos, así como os medios que permitan aos afiliados coñecer a súa situación económica.

7.º A inclusión entre os fins tanto dos sindicatos como das asociacións empresariais dos propiamente laborais que os identifican, sendo medios típicos de acción, entre outros, a negociación colectiva laboral, o plantexamento de conflitos colectivos de traballo, o diálogo social e a participación institucional nos organismos das administracións públicas.

8.º No caso das asociacións empresariais, o sistema de constancia dos asociados en garantía destes.

 

Os estatutos poderán conter así mesmo calquera outra disposición e condicións lícitas que os promotores consideren convenientes, sempre que non se opoñan as leis nin contradigan os principios configuradores do sindicato ou da asociación empresarial.

 

c) No caso de asociacións empresariais, cando os promotores destas sexan representantes dunha persoa xurídica deberán acreditar tal representación conforme ao previsto nos apartados b) e c) do artigo 18 do RD 416/2015, do 29 de maio. 

d) Documento no que se recolla o consentimento dos suxeitos previstos no apartado 2 do artigo 4, do referido RD 416/2015, nos termos establecidos no apartado 4 do mesmo artigo. No caso de non dar o consentimento, deberán achegar a documentación acreditativa que figura no citado apartado. 

 

Constitución de federacións e confederacións 

  • Xunto coa solicitude de depósito deberán achegar a seguinte documentación: 

a) Acta fundacional, que deberá conter:

 1.º A denominación e os números de depósito e de identificación fiscal de cada unha das organizacións promotoras, así como nome, apelidos e número de identificación fiscal dos seus representantes e o cargo que ostentan na organización.

2.º Lugar e data de levantamento da acta, que deberá estar asinada ben dixitalmente ou ben en todas as súas páxinas polos representantes de cada unha das organizacións promotoras.

3.º A denominación da nova federación ou confederación, incluídas as súas siglas ou acrónimo, no seu caso, que deberá coincidir coa que figura no texto dos estatutos.

4.º A designación dos membros dos órganos provisionais de goberno que representan á nova federación ou confederación.

 b) Certificación dos acordos de constitución da federación ou confederación de cada unha das organizacións promotoras, expedida polas persoas ou cargos con facultade para outorgala de conformidade cos seus estatutos. 

c) Os estatutos da nova federación ou confederación cos requisitos previstos no artigo 5.2.b) do RD 416/2015, do 29 de maio. 

d) Xustificante de pagamento das taxas.

 

 

Modificacións estatutarias. 

  1. Serán obxecto de depósito todas as modificacións dos estatutos de sindicatos, asociacións empresariais e federacións ou confederacións constituídas por uns e outras. 
  1. Xunto coa solicitude deberán presentarse os seguintes documentos: 

a) Acta da reunión da asemblea xeral ou do órgano competente para a modificación estatutaria de acordo cos estatutos da organización, ou certificación desta estendida pola persoa ou cargos con facultade para outorgala de conformidade cos estatutos, que recolla o acordo adoptado polo que se modifican os estatutos e a relación de artigos modificados. 

b) Texto íntegro dos novos estatutos que conteñan os artigos modificados, asinados ben dixitalmente ou ben en todas as súas páxinas polos representantes da organización, nos que se faga constar, mediante a oportuna dilixencia estendida ao final do documento, que foron redactados coa inclusión das modificacións acordadas na asemblea xeral ou, no seu caso, de conformidade co procedemento establecido nos seus estatutos, así como, en ambos casos, a data na que se adoptou a modificación. 

c) Xustificante de pagamento das taxas.  

  1. A modificación estatutaria que comporte a modificación do ámbito territorial da organización dará lugar ao traslado do expediente ao depósito competente e a baixa desta unha vez comunicada a súa inclusión no novo depósito. 
  1. Cando a modificación estatutaria comporte a desaparición dos fins laborais e non se solicite o traslado ao rexistro ou depósito competente, a oficina pública formulará un requirimento nos termos previstos no artigo 13.2 do RD 416/2015, do 29 de maio. Se contestado o requirimento persistira a discrepancia, a oficina pública procederá ao depósito e publicación dos estatutos e a súa impugnación ante a autoridade xudicial competente. No caso de que o requirimento non sexa contestado, ditarase resolución rexeitando o depósito e acordando a remisión do expediente ao rexistro ou depósito correspondente.

  

Documentación: 

Ata que non se habilite a tramitación electrónica deberán achegar, cos requisitos establecidos anteriormente: 

  • Acta de constitución (por triplicado e asinado polos promotores en todas as follas)
  • Estatutos (por triplicado e asinado polos promotores en todas as follas)
  • Xustificante de pagamento de taxas.
  • Xustificación dos promotores de que poden crear una asociación sindical (ser traballadores en activo) ou poder de representación de entidade física ou xurídica.

  

Onde acudir para información ou remisión de solicitudes: 

Para organizacións de ámbito autonómico: 

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA, EMPLEO E INDUSTRIA

Secretaría Xeral de Emprego
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781  SANTIAGO DE COMPOSTELA
Teléfono: 981 545 734 – 981 957 758 Fax: 981 544 659
 
 

Para organizacións de ámbito provincial:  

XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Av. Salvador de Madariaga 1º
15008  A CORUÑA
Teléfono: 981 182 393 Fax: 981 185 761
 

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO 

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Ronda da Muralla, 70
27001  LUGO
Teléfono: 982 294 289 Fax: 982 294 359
 

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE 

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Av. da Habana, 79
32004  OURENSE
Teléfono: 988 386 388 Fax: 988 386 770
 

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO

SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36202  VIGO
Teléfono: 886 111 103 Fax: 986 817 010