Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Aviso legal

Información Legal

  • Propiedade intelectual
    • A Xunta de Galicia é titular do dominio de internet de segundo nivel xunta.es
    • Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración autonómica de Galicia.
    • Con estas páxinas preténdese fomentar o acceso dos cidadáns á información relativa ás iniciativas e servizos da Xunta de Galicia, facilitando así as súas relacións coa Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Cláusula de exención de responsabilidade
    • O contido facilitado a través desta web emítese con efectos simplemente informativos e non substitúe a publicidade legal das leis, das disposicións e dos actos que teñan que ser publicados formalmente no DOG e noutros boletíns oficiais. Aínda que se efectuarán os esforzos precisos para que a información contida sexa exacta e actualizada, a Xunta de Galicia non garante a inexistencia de erros no contido deste sitio, nin que se encontre totalmente actualizado. Unicamente os textos publicados nas edicións impresas do DOG ou doutros boletíns oficiais teñen carácter auténtico e validez oficial.
    • A Xunta de Galicia non se fai responsable dos danos e perdas que puider ocasionar o uso ilexítimo ou inadecuado das ferramentas e informacións contidas na web, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais a que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.
    • A Administración da Comunidade Autónoma de Galicia non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou dos contidos dos enlaces a páxinas externas a que se fai referencia na web.
    • A Xunta de Galicia reserva para si a facultade de efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida ou na súa configuración ou presentación.
  • Reprodución
    • A reprodución dos contidos desta web está autorizada sempre que se cite a súa orixe ou se solicite autorización. O usuario comprométese a usar esta web exclusivamente para uso persoal.
  • Caixas de correo
    • A Xunta de Galicia non se responsabiliza das contestacións que se realicen a través dos distintos enderezos de correo electrónico que aparecen nestas páxinas, agás as do propio departamento. A información obtida a través das caixas de correo contidas nestas páxinas ten carácter meramente informativo, sen que en ningún caso poida derivar dela ningún efecto xurídico vinculante.
  • Servizo
    • Preténdese reducir ao mínimo as interrupcións do servizo e os problemas ocasionados por erros de carácter técnico. Non se asume ningunha responsabilidade respecto das interrupcións ou deficiencias no servizo, nin dos problemas que poidan resultar da consulta destas páxinas.
  • Recomendacións de acceso
    • A Xunta de Galicia procura que a presentación de todos os contidos e funcionalidades esenciais da web sexa independente dos dispositivos físicos e dos navegadores web empregados para tal fin, codificados con estándares técnicos de uso libre e gratuíto, e accesible para navegadores adaptados a persoas con minusvalías ou limitacións sensoriais, motoras ou cognitivas.
    • Recoméndase empregar navegadores de versión recente tales como Mozilla e derivados (Firefox), Internet Explorer, etc.
    • En equipos de sobremesa de uso común recoméndase o uso de resolución de pantalla 1024 x 768 pixels.
  • Termos de uso
    • Está prohibido o envío de correo masivo non solicitado ou de correo non solicitado (SPAM) dirixido a contas de correo electrónico utilizadas nesta web.
    • Está prohibido utilizar esta web con fins comerciais ou de maneira inadecuada atendendo á súa propia finalidade.
    • O usuario non poderá acceder ao sitio web de modo que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos e/ou a información ofrecida.
  • Privacidade
    • A política de privacidade da Xunta de Galicia baséase en solicitar unicamente os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionarlle os servizos da web.
    • O tratamento dos datos de carácter persoal que se realice a través deste sitio web estará suxeito ao establecido na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter personal, e no resto da normativa de aplicación. Os datos que se recollan trasladaranse informaticamente ou arquivaranse co consentimento do cidadán, que ten dereito a decidir quen pode ter os seus datos, para que os usa, solicitar que estes sexan exactos e que se utilicen para o fin para que se recollen, coas excepcións previstas na lexislación vixente.