Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións > Axudas da Secretaría Xeral de Emprego

Axuda

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (TR349F)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2018. - Data Fin Prazo: 30/09/18
  • Data publicación
    26/01/18
  • Corpo

    Obxecto

    Incentivar a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.


    Persoas Beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

    2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.


    Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais que se formalicen desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2018.

    A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo.

    Contías

    As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse coas seguintes axudas:

    Primeira persoa traballadora indefinida:

        3.000 € cando se trate dunha persoa desempregada.

        5.000 € cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:

           Persoas desempregadas de longa duración
           Persoas con discapacidade
           Persoas en situación ou risco de exclusión social

    Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

        5.000 € cando se trate dunha persoa desempregada.

        7.000 € cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes     colectivos, non acumulables:

           Persoas desempregadas de longa duración
           Persoas con discapacidade
           Persoas en situación ou risco de exclusión social

    Tanto na primeira contratación indefinida inicial, como na segunda e terceira, as contías resultantes incrementaranse nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
        a) Se a persoa incorporada é unha muller.
        b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.
        c) Persoas maiores de 45 anos.
        d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.

    Deste xeito as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:
        - Para a primeira persoa traballadora indefinida 10.000 €
        - Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 14.000 €

    Procedemento de concesión

    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.


    Prazo de solicitudes

    As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data da publicación desta orde (26/01/2018), deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde (26/03/2018).

    As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención.

    O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 30 de setembro de 2018, aínda que nesa data non transcorrera o prazo sinalado no parágrafo anterior.


    Orde de convocatoria

    Orde do 15 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado paracialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e do Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG Núm. 19, do 26 de xaneiro de 2018).

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas