Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións > Axudas da Secretaría Xeral de Emprego

Axuda

Programa de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica IEBTS (TR340E)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 30 de setembro de 2018. - Data Fin Prazo: 30/09/18
  • Data publicación
    26/01/18
  • Corpo

    Obxecto
    O programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con amplos coñecementos das novas tecnoloxías, así como impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.

    Entidades beneficiarias
    Empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria para cada tipo de axuda.

    Axudas e Subvencións

    1. Axuda á creación directa de emprego estable
    Subvenciona os postos de traballo estables de carácter indefinido incluídos os dos propios promotores e promotoras, creados nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de transcorrer un ano desde a data de inicio da actividade e que sexan ocupados por persoas desempregadas.
    Serán subvencionables os postos de traballo estable creados entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.
    Cando o posto de traballo estable o ocupe un home desempregado, o incentivo será de 6.000 euros.
    Os postos de traballo incentivaranse cunha subvención de 8.000 euros cando a persoa desempregada se atope nalgún dos seguintes colectivos:
    •    Persoas desempregadas de longa duración
    •    Persoas desempregadas con discapacidade
    •    Persoas desempregadas que se atopen en situación ou risco de exclusión social

    Os postos de traballo incentivaranse cunha subvención de 9.000 euros cando se trate de persoas tituladas universitarias.
    Cando as persoas desempregadas posúan o título de doutor a contía da axuda será de 10.000 euros.
    Estas contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre sí:
    a)    Un 25% se a persoa incorporada é unha muller
    b)    Un 25% no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural
    c)    Un 25% no suposto de persoas maiores de 45 anos
    d)    Un 25% se a persoa incorporada ten a condición de emigrante retornada


    2. Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación
    As contratacións temporais de persoal técnico de alta cualificación realizadas para prestar servizos nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de que transcorra un ano desde a data de inicio da actividade serán subvencionadas na contía resultante de multiplicar o custo bruto salarial medio mensual dun contrato temporal segundo os datos da última EPA publicados (1.461,25 €) polo número de meses de duración do contrato temporal que se subvenciona.
    Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.
    O período subvencionable será como máximo, dun ano.
    Para acceder a esta axuda o experto técnico de alta cualificación contratado deberá estar en posesión dun título universitario.
    Esta subvención terá, como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 18.000 euros.
    3. Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade
    Esta axuda financiará parcialmente os gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade realizados entre o 1 de outubro de 2017 e o 30 de setembro de 2018 que se produzan antes de que transcorra un ano desde o inicio da actividade.
    Serán subvencionables a través desta axuda o arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos; os gastos do seguro do local, de publicidade e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.  
    O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade, de acordo coa seguinte escala.
    -    1 posto de traballo: 10.000 euros.
    -    2 postos de traballo:  18.000 euros.

    -        3 ou máis postos de traballo: ata 24.000 euros.
     O importe desta axuda non poderá superar o custo total dos gastos subvencionables.
     
    Prazo de solicitudes
    O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axuda do programa finalizará o 30 de setembro de 2018.

    Orde da convocatoria

    Orde do 20 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do Programa I, para as pequenas empresas de nova creación, e do Programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG Núm. 19, do 26 de xaneiro de 2018).

     

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas