Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de incentivos á contratación indefinida inicial de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (TR349I)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2017. - Data Fin Prazo: 02/10/17
  • Data publicación
    04/08/17
  • Corpo

    Obxecto

    Incentivos á contratación indefinida inicial a tempo completo, incluída a modalidade de fixo-discontinuo, que realicen as empresas e as entidades empregadoras con persoas mozas desempregadas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil coa finalidade de favorecer o seu emprego estable e facilitar a súa empregabilidade e ocupabilidade.

    Personas beneficiarias

    As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.

    Contías

    As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 7.000 euros. Esta contía incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

    1. Un 25 % se a persoa incorporada é unha muller.
    2. Un 25 % se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
    3. Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
    4. Un 25 % no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.


    Prazo de solicitudes
    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2017.
    Se a contratación subvencionable se formaliza entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a entrada en vigor da orde.
    As axudas establecidas nesta orde polas contratacións subvencionables formalizadas a partir da entrada en vigor desta orde, deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral e, en todo caso, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2017, aínda que non transcorrese dito prazo.

    Orde de convocatoria

    Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (DOG Nº 148, do 4 de agosto de 2017).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas