Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de incentivos á contratación temporal de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil e a súa transformación en contrato indefinido (TR349L)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2017. - Data Fin Prazo: 02/10/17
  • Data publicación
    04/08/17
  • Corpo

    Obxecto

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa:

    1. As contratacións de carácter temporal realizadas desde o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017 formalizadas con persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
    2. As transformacións en indefinidos dos contratos temporais realizados desde o 1 de outubro de 2016 e subvencionados ao abeiro deste programa, sempre que a transformación se formalice ata o 30 de setembro de 2017.


    Personas beneficiarias

    As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo que se realicen con persoas mozas desempregadas, que non traballasen no día natural anterior á data da contratación, e inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil.
    Os contratos temporais terán unha duración mínima inicial superior a 6 meses, agás o contrato en prácticas que, terá unha duración inicial mínima de 12 meses.
    Tamén serán subvencionables as transformacións dos contratos temporais subvencionados en indefinidos.

    Contías

    1. A contía da axuda será de 250 euros por cada mes completo de duración do contrato ata un máximo de 12 mensualidades.
    2. Os contratos para a formación e a aprendizaxe incentivaranse cunha axuda de ata 1.200 euros, sempre que a súa duración sexa de doce meses, e a parte proporcional cando no caso de autorización a duración do mesmo sexa inferior, e o tempo efectivo de traballo sexa igual ao 75% da xornada de traballo.
    3. Os contratos en prácticas incentivaranse cunha axuda de 3.600 euros.
    4. A transformación de contratos temporais subvencionados ao abeiro desta procedementos incentivarase con 2.500 euros.

    As contías relativas aos catro supostos anteriores incrementarase nun 25% en cada un dos seguintes casos:

    1. Se a persoa incorporada é unha muller.
    2. Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
    3. Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados.
    4. No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas neste programa comezará ao día seguinte da publicación da presente orde e rematará o 30 de setembro de 2017.
    Se a contratación subvencionable se formaliza entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación de solicitudes será dun mes desde a entrada en vigor da orde.
    As axudas establecidas nesta orde polas contratacións subvencionables formalizadas a partir da entrada en vigor desta orde, deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral e, en todo caso, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2017, aínda que non transcorrese dito prazo.

    Orde de convocatoria

    Orde do 18 de xullo de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións destinadas a incentivar o emprego autónomo e a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil, a través do Programa I (emprego autónomo), Programa II (fomento da contratación por conta allea) e Programa III (programas de cooperación coas entidades sen ánimo de lucro), convocatoria do ano 2017. (DOG Nº 148, do 4 de agosto de 2017).

     

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas