Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de axudas e subvencións ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica – IEBT (TR340E)

Prazo Presentación: O prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axuda do programa finalizará o 30 de setembro de 2017 - Data Fin Prazo: 30/09/17
  • Data publicación
    10/08/17
  • Corpo

    Obxecto

    O programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) pretende dinamizar a vocación emprendedora da comunidade universitaria e aproveitar o potencial empresarial das persoas dedicadas á investigación e das persoas con amplos coñecementos das novas tecnoloxías, así como impulsar a transformación do coñecemento creado nas universidades e nos centros de investigación en proxectos xeradores de riqueza e de emprego.

    Entidades beneficiarias

    Empresas privadas, incluídas as persoas autónomas, con domicilio social, fiscal e centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia que se constitúan e inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT, sempre que a maioría da titularidade da empresa corresponda ás persoas físicas promotoras do proxecto empresarial cualificado como IEBT e se cumpran os requisitos e condicións establecidos na orde de convocatoria para cada tipo de axuda.

    Axudas e Subvencións

    1. Axuda á creación directa de emprego estable

    Subvenciona os postos de traballo estables de carácter indefinido incluídos os dos propios promotores e promotoras, creados nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de transcorrer un ano desde a data de inicio da actividade e que sexan ocupados por persoas desempregadas.

    Serán subvencionables os postos de traballo estable creados entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.

    Cando o posto de traballo estable o ocupe un home desempregado, o incentivo será de 6.000 euros.

    Os postos de traballo incentivaranse cunha subvención de 9.000 euros cando se trate de persoas tituladas universitarias.

    Cando as persoas desempregadas posúan o título de doutor a contía da axuda será de 10.000 euros.

    Estas contías incrementaranse nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre sí:

    a)    Un 25% se a persoa incorporada é unha muller

    b)   Un 25% se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social

    c)    Un 25% se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar en que todos os seus membros están desempregados

    d)   Un 25% no caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural

    2. Subvención para a contratación de persoal técnico de alta cualificación

    As contratacións temporais de persoal técnico de alta cualificación realizadas para prestar servizos nun centro de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia antes de que transcorra un ano desde a data de inicio da actividade serán subvencionadas na contía resultante de multiplicar o custo bruto salarial medio mensual dun contrato temporal segundo os datos da última EPA publicados (1.463,60 €) polo número de meses de duración do contrato temporal que se subvenciona.

    Serán subvencionables as contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.

    O período subvencionable será como máximo, dun ano.

    Para acceder a esta axuda o experto técnico de alta cualificación contratado deberá estar en posesión dun título universitario.

    Esta subvención terá, como límite máximo, por todas as contratacións, a contía de 18.000 euros.

    3. Axuda para o inicio e posta en marcha da actividade

    Esta axuda financiará parcialmente os gastos necesarios para o inicio e posta en marcha da actividade realizados entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017 que se produzan antes de que transcorra un ano desde o inicio da actividade.

    Serán subvencionables a través desta axuda o arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos; os gastos do seguro do local, de publicidade e subministracións, excluído o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación. 

    O importe máximo desta axuda determinarase en atención ao número de postos de traballo estables creados e subvencionados durante o primeiro ano de actividade, de acordo coa seguinte escala.

    -        1 posto de traballo: 10.000 euros.

    -        2 postos de traballo:  18.000 euros.

     

    -        3 ou máis postos de traballo: ata 24.000 euros.

     O importe desta axuda non poderá superar o custo total dos gastos subvencionables.

    Prazo de solicitudes

    O Prazo xeral de presentación de solicitudes de todos os tipos de axuda do programa finalizará o 30 de setembro de 2017.

     

  • Estado:
    Fora de Prazo