Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de incentivos á contratación indefinida inicial (TR349A)

Prazo Presentación: O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017 - Data Fin Prazo: 30/09/17
  • Data publicación
    11/08/17
  • Corpo

    Obxecto

    Favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade das persoas traballadoras con maiores dificultades de inserción laboral.

    As contratacións polas cales se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.

    Entidades beneficiarias

    Poderán ser beneficiarias dos incentivos previstos nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    Colectivo subvencionable

    Persoas desempregadas maiores de 30 anos que esgotasen as prestacións por desemprego.

    Contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas inciais que se formalicen desde ao 1 de outubro 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos inclusive.

    Requisitos

    A persoa traballadora pola que se solicita a subvención debe ser persoa desempregada maior de 30 anos que esgotase a prestación por desemprego, segundo o establecido no artigo 5.2 desta orde.

    Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

    Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto á media dos 3 meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

    A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial non poderá ser inferior ao 50% da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

    Contías dos incentivos

    As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 8.000 euros.

    Esta contía  incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

    a) Un 25% se a persoa incorporada é unha muller.

    b) Un 25% se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.

    c) Un 25% se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados.

    d) Un 25% no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

    No caso de que a empresa conte no seu cadro de persoal do mes da contratación pola que se solicita subvención cun mínimo do 75% de persoal indefinido, as contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.

    Esta contía  incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a continuación, que son acumulables entre si:

    a) Un 25% se a persoa incorporada é unha muller.

    b) Un 25% se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.

    c) Un 25 % se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados.

    d) Un 25% no caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ó día seguinte ao da publicación da mesma.

    As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse ata o 30 de setembro. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

    As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior

  • Estado:
    Fora de Prazo