Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de incentivos á contratación de persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social (TR349D)

Prazo Presentación: O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017 - Data Fin Prazo: 30/09/17
  • Data publicación
    11/08/17
  • Corpo

    Obxecto

    Incentivar a contratación indefinida inicial e as contratacións temporais das persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social coa finalidade de mellorar a súa empregabilidade e ocupabilidade.

    Persoas beneficiarias

    As persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Colectivo

    Persoas en situación ou risco de exclusión social:

    - Persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social relacionados no artigo 3.2 da orde (artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia).

    - Persoas desempregadas perceptoras da RISGA definidas no artigo 5.3 da orde.

    Contratacións subvencionables

    - Contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial.

    - Todas as modalidades contractuais de carácter temporal a tempo completo ou a tempo parcial.

    En ambos casos, que sexan realizadas desde o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de setembro de 2016, ambos inclusive, con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social e as persoas desempregadas perceptoras da Risga.

    Requisitos

    - Para a contratación indefinida inicial:

    Incremento do cadro de persoal fixo e neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

    A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser como mínimo do 50% da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, da xornada máxima legal.

    - Para a contratación temporal:

    Incremento do emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola cal se solicita subvención.

    O contrato temporal formalizado con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos en risco de exclusión social deberá ter unha duración inicial mínima de 6 meses.

    O contrato temporal formalizado con persoas desempregadas perceptoras da Risga deberá ter unha duración inicial mínima de 7 meses.

    Transformación contrato temporal en indefinido


    Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación a todas as transformacións das contratacións temporais en indefinidas, sempre que a xornada de contratación indefinida sexa igual ou superior á da contratación temporal que se transforma e que se realicen con persoas desempregadas pertencentes a algún dos colectivos relacionados no artigo 5.3 desta orde.

    Contías

    As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de 10.000 euros.

    As contratacións temporais incentivaranse cunhas contías que van dos 2.500 euros aos 5.000 euros en función da duración do contrato.

    As transformación de contratos temporais en indefinidos incentivaranse cunha axuda de 2.500 euros

    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará ó día seguinte ao da publicación da mesma.

    As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde deberán presentarse ata o 30 de setembro (pendente de publicación) . Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día seguinte ao da publicación e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último día do mes.

    As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral pola que se solicita subvención. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.

     

  • Estado:
    En prazo