Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Subvención do custo salarial para o mantemento de centros especiais de emprego (TR341M)

Prazo Presentación: Con carácter xeral ata o 24/09/2016. Para os centros que soliciten a súa cualificación e/ou inicien a súa actividade; ou que amplíen a cualificación polo apertura dun novo centro noutra provincia, o prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 30/06/2017 - Data Fin Prazo: 30/06/17
  • Data publicación
    24/08/16
  • Corpo

    Obxecto

    Axudar aos centros especiais de emprego a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.

    Beneficiarios

    Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro de centros especiais de emprego desta Comunidade Autónoma, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

    Axuda

    • Subvención do custo salarial dun importe de ata o 50% do salario mínimo interprofesional correspondente ás mensualidades de xullo de 2016 a xuño 2017, para os postos de traballo ocupados por persoas  cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.
       
    • O importe da subvención correspondente a cada mensualidade será de 327,60 euros/mes ou 10,92 euros/día. No suposto de ter rateadas as pagas extraordinarias o importe será de 382,20 euros/mes, ou 12,74 euros/día.
       
    • O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano.
       
    • Para os centros especiais de emprego que rateen as pagas extraordinarias o importe da subvención incluirá a parte proporcional da segunda paga extraordinaria do ano 2016, e da primeira do ano 2017.
       
    • Para os centros especiais de emprego que non rateen as pagas extraordinarias a subvención incluirá as pagas extraordinarias polo período do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2016, e do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2017. Asimesmo, no suposto de cese da relación laboral as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan
      pola parte proporcional da paga extra polo período traballado do 1 de xullo de 2016 ao 30 de xuño de 2017.
       
    • No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral realizada.
       
    • No suposto de que nun mesmo mes se produzan variacións  na duración  da xornada laboral do traballador ou da traballadora con discapacidade, soamente se terá en conta para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade a porcentaxe da xornada laboral inferior.
       
    • A resolución comprenderá todo o periodo que se vai subvencionar e incluirá como anexo a relación dos traballadores e das traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego tidos en conta para o cálculo da contía da subvención.
       
    • Con cargo á anualidade orzamentaria de 2016 concederase a subvención polas  mensualidades de xullo, agosto, setembro e outubro de 2016.
       
    • Con cargo á anualidade orzamentaria de 2017 concederase a subvención polas mensualidades de novembro e decembro de 2016 e, se é o caso, a segunda paga extraordinaria do ano 2016, as mensualidades de xaneiro a xuño de 2017 e, se é o caso, a primeira paga extraordinaria do ano 2017.

    Prazo de solicitudes

    Deberá presentarse unha única solicitude pola subvención do custo salarial por todas as mensualidades subvencionables.

    O prazo para a presentación desta solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Polo tanto o prazo de presentación da subvención do custo salarial finalizará o 24 de setembro de 2016.

    Para os centros especiais de emprego que soliciten a súa cualificación e/ou inicien á súa actividade con posterioridade á data de finalización do prazo de presentación anterior, por seren estes de nova creación, a solicitude deberá presentarse ata o último día do mes seguinte ao do primeiro mes polo que se solicita a subvención. Este prazo tamén é de aplicación aos supostos de ampliación da cualificación do centro especial de emprego pola apertura dun novo centro de traballo nunha provincia distinta. Nestes ámbolos dous supostos o prazo para a presentación de solicitudes de axudas finalizará o 30 de xuño de 2017, aínda que non transcorrese o prazo especifico anterior.

    Orde de convocatoria

    Orde do 9 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención do custo salarial para o mantemento dos postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade nos centros especiais de emprego de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o período do 1 de xullo de 2016 ata o 30 de xuño do ano 2017, dentro do Programa para a promoción da integración laboral das persoas con discapacidade en centros especiais de emprego. (DOG nº 159, do 24 de agosto de 2016).

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas