Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de emprego con apoio como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo (TR341L)

Prazo Presentación: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia - Data Fin Prazo: 21/07/17
  • Data publicación
    21/06/17
  • Corpo

    Obxecto

    Subvencionar ás entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos laborais e de Seguridade Social dos preparadores e das preparadoras laborais contratados para levar a cabo as accións de apoio ás persoas con discapacidade severa e con maiores dificultades de inserción laboral en empresas do mercado ordinario de traballo de Galicia.

    Promotores de proxectos de emprego con apoio e entidades beneficiarias

    As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego e empresas do mercado ordinario de traballo, incluídos traballadores autónomos, que conten no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados/as ou se comprometan a incorporalos e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.

    Tipos de subvencións e contías

    Subvencións destinadas a financiar os custos salariais e da Seguridade Social que se xeren durante o período de desenvolvemento do proxecto de emprego con apoio, derivados da contratación de preparadores e preparadoras laborais polas entidades promotoras de emprego con apoio.
    A contía das subvencións establécese en función do número de persoas traballadoras con discapacidade contratadas por unha empresa do mercado ordinario, calquera que sexa a duración do mesmo,  correspondendo:
    •    6.600 € anuais por cada persoa traballadora con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.
    •    4.000 € anuais por cada persoa traballadora con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%.
    •    2.500 € anuais por cada persoa traballadora con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65% e persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33%.

    Estas subvencións reduciranse proporcionalmente en función da duración do contrato de cada persoas traballadora con discapacidade así como en función da duración da xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.

    Unha vez aplicados os criterios anteriores, a contía base que corresponda en cada caso incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, segundo se dean as seguintes circunstancias (acumulables entre sí) na persoa preparadora laboral:
    a) Un 25 % se é unha muller.
    b) Un 25 % se pertence a unha unidade familiar na que todas as  persoas que a compoñen estean  desempregadas.
    c) Un 25 % no caso de que o seu centro de traballo estea situado nun concello rural.
    d) Un 25 % se a persoa contratada ten unha discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33%, ou estea en situación ou risco de exclusión social.
    Tendo en conta a posible adecuación dos proxectos de emprego con apoio á dispersión do tecido produtivo galego, subvenciónanse os custos de desprazamento cando un mesmo preparador ou preparadora laboral teña que prestar apoios a persoas con discapacidade en centros de traballo ou empresas de distintos concellos.

    Procedemento de concesión

    As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios de valoración establecidos no artigo 46 do capítulo III da orde de convocatoria.

    Prazo de solicitudes

    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. (Para o ano 2017 o prazo remata o día 21 de xullo de 2017).

    Orde de convocatoria

    Orde do 5 de xuño de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2017 (DOG Nº 117, do 21 de xuño de 2017)

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas