Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de ampliación da redución da cota da seguridade social (TR341P)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes no ano 2017 será ata o 30 de setembro de 2017 - Data Fin Prazo: 02/10/17
  • Data publicación
    24/08/17
  • Corpo

    Obxecto

    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estiveran en situación de alta nos cinco anos inmediatamente anteriores, a contar desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante os seis meses inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda.


    Persoas beneficiarias

    Seren, ou ter sido, beneficiarias das reducións previstas no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo.

    1. Rematar o goce das reducións indicadas no punto anterior durante o exercicio ao que se refire a convocatoria desta orde de subvencións.
    2. Manter as condicións que lle deron dereito a gozar das devanditas reducións nas cotas da Seguridade Social, durante o período obxecto da subvención.
    3. Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como, coa Seguridade Social.
    4. Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Tipo de axuda

    1. Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de abono polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis meses, correspondentes aos meses sétimo a décimo segundo seguintes á alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.
    2. Para o cálculo da subvención tomarase como referencia  a base mínima de cotización, establecida con carácter xeral na correspondente orde anual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, vixente no mes no que se teña producido a alta da persoa traballadora autónoma e o tipo mínimo de cotización vixente no citado mes, incluída a incapacidade temporal. Por outra banda, teranse en conta as reducións e bonificacións aplicadas á cota, que se establecen no parágrafo terceiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo.


    Procedemento de concesión

    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención  non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

    A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas nesta orde será directamente proporcional á  porcentaxe dos autónomos afiliados ao RETA en cada provincia a 31 de decembro do ano anterior á convocatoria de cada exercizo. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.  Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 9.2  desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou más solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para a presentación de solicitudes no ano 2017 será ata o 30 de setembro de 2017

    Orde de convocatoria

    Orde do 9 de agosto de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter permanente, que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.(Diario Oficial de Galicia nº 160 de 24 de agosto de 2017).

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas