Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Subvención para el fomento del empleo en el medio rural - APROL rural (TR351G)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 6 de marzo de 2018 - Data Fin Prazo: 06/03/18
  • Data publicación
    06/02/18
  • Corpo

    Obxecto

    Axudar a financiar accións de fomento de emprego en colaboración coas entidades locais rurais a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de tarefas de silvicultura, biomasa, limpeza de montes ou outras tarefas de valorización forestal.

    Subvencionaranse os custos salariais totais , incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada ata unha cuantía máxima.

    Beneficiarios

    Poderán ser beneficiarios das axudas e subvencións previstas nesta orde os concellos rurais sempre que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficiente para a execución dos correspondentes proxectos. Considérase concello rural aquel que non conta con ningunha zona densamente poboada a nivel de parroquia (ZDP) segundo a clasificación publicada polo Instituto Galego de Estatística. Para estes efectos, considéranse concellos rurais todos os concellos galegos agás os seguintes: Cambre, A Coruña, Culleredo, Ferrol, Narón, Oleiros, Santiago de Compostela, Lugo, Barbadás, Ourense, Poio, Pontevedra e Vigo.

    Tipo de axuda

    Subvencionaranse os custos salariais totais, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social por todos os conceptos na mesma cantidade que a fixada para o salario segundo o convenio colectivo vixente no momento de formular a solicitude, por cada persoa traballadora desempregada contratada, cos seguintes máximos:

    • Para o grupo de cotización 1: 20.250 €.
    • Para o grupo de cotización 2: 16.500 €.
    • Para o grupo de cotización 3: 15.000 €.
    • Para o grupo de cotización 4: 14.250 €.
    • Para o grupo de cotización 5: 13.500 €.
    • Para o grupo de cotización 6: 12.750 €.
    • Para o grupo de cotización 7: 12.000 €.
    • Para o grupo de cotización 8: 11.250 €.
    • Para o grupo de cotización 9: 11.250 €.
    • Para o grupo de cotización 10: 11.250 €.

    Estes importes máximos incrementaranse nun 15 % no caso de que as contratacións se realicen nunha obra ou servizo solicitado conxuntamente, de acordo co número 2.3 do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 28 de febreiro de 2013

    Procedemento de concesión

    O procedemento de concesión das axudas será o de concorrencia non competitiva.

    Revisados os expedientes e completados, de entre as obras e servizos que cumpran os citados requisitos farase unha selección ao obxecto de outorgarlles as correspondentes subvencións, seguindo as seguintes regras:

    a) Terase en conta para os efectos da asignación de contratos a relación que figure, por orde de preferencia, nos anexos I e II da solicitude.

    b) Recibirán subvención para tres contratacións os concellos fusionados.

    c) Todos os concellos solicitantes que se adhiran ao protocolo xeral de actuación entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias para fomentar a implantación e fixación de empresas en Galicia mediante a creación da iniciativa “Concellos Doing Business Galicia” asinado con data 10 de outubro de 2017, recibirán subvención para dúas contratacións.

    d) Recibirán un contrato os concellos rurais que non se encadren en ningún dos apartados anteriores.

    Terminada a asignación dos contratos referenciada nos apartados b), c) e d), o seguinte contrato, adxudicarase en primeiro lugar aos concellos fusionados seguido dos pertencentes a “Concellos Doing Business Galicia” e por último ao resto de concellos rurais segundo a súa superficie forestal en orden de maior a menor segundo os datos do Cuarto Inventario Forestal Nacional (IFN4), sucesivamente ata a finalización do crédito.

    O número máximo de contratos que se poderán subvencionar serán:

    a) Concellos fusionados e que ademáis sexan “Concellos Doing Business Galicia”: 5 contratacións.

    b) Concellos fusionados: 4 contratacións.

    c) “Concellos Doing Business Galicia”: 4 contratacións.

    d) Resto de concellos: 2 contratacións.

    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo finalizará o 6 de marzo de 2018.

    Orde de convocatoria

    Orde do 31 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego no medio rural (APROL Rural) e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2018 (DOG nº 26 do 6 de febreiro).

  • Estado:
    Fora de Prazo