Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións
Obxecto
Establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, a fin de que poidan cumprir a súa función social.
Entidades beneficiarias
As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde de convocatoria para os distintos tipos de axudas.
Actuacións subvencionables
1. Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social. A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos meses de decembro e xuño.
2. Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas. Subvención do 50% dos custos laborais totais. O importe da subvención será de ata 8.000 euros anuais, polo total do período subvencionable do 1 de outubro de 2017 a 30 de setembro de 2018.
Non obstante, esta contía poderá incrementarse nas porcentaxes que se sinalan a seguir (acumulables entre si), cando se dean as seguintes circunstancias:
De aplicarse todos os incentivos anteriores, a contía máxima que poderá ser concedida por esta liña de axudas, será de 14.000,00€
3. Subvención pola contratación de persoal técnico en orientación e acompañamento á inserción. Subvención ás empresas de inserción laboral e ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral do 50% dos custos laborais totais, e terá como límite máximo, por todas as contratacións a contía de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción. A contía máxima da subvención non poderá superar os 12.000 euros anuais por persoa técnica de inserción polo total do período subvencionable.
Non obstante, esta contía poderá incrementarse nas porcentaxes que se sinalan a seguir (acumulables entre si), cando se dean as seguintes circunstancias:
De aplicarse todos os incentivos anteriores, a contía máxima que poderá ser concedida por esta liña de axudas, será de 21.000,00€
4. Subvención para a creación e ampliación de novos postos de traballo para persoas en inserción. Subvención do 80% do custo total do investimento en inmobilizado material ou intanxible, excluídos os impostos que graven a adquisición. O importe máximo determinarase en atención aos postos de traballo creados e ocupados por persoas en proceso de inserción ata un máximo de 12.000 euros por posto de traballo, en concorrencia coa subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social.
O incentivo base poderá incrementarse nas porcentaxes que se sinalan a seguir (acumulables entre si), cando se dean as seguintes circunstancias:
Cando unha EIL reciba esta subvención por un proxecto de investimento sen acadar o máximo de financiación, poderá solicitar unha nova subvención referida ao mesmo proxecto na seguinte convocatoria ata acadar o límite máximo do 80% do investimento, excluídos impostos, sempre e cando xenere novos postos de traballo que impliquen un incremento do cadro de persoal.
5. Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade. Subvención para o financiamento dos primeiros gastos da actividade por importe de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción da empresa de inserción laboral ata un máximo de 12.000 euros polo total do período subvencionable.
6. Subvención para a asistencia técnica para a creación mellora e diversificación de EIL. Esta axuda está destinada a financiar ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral, os custos que comporta o proceso de creación de empresas de inserción laboral e ás empresas de inserción, os custos dirixidos á mellora, reorientación e diversificación da actividade empresarial.
A contía desta subvención será equivalente ao 80% do custo total dos servizos realizados, cun límite máximo que varía en función dos seguintes costes elixibles:
7. Subvención á formación para as persoas en proceso de inserción. Subvención destinada a financiar parcialmente a formación impartida por entidades alleas ás empresas de inserción laboral, relacionada co itinerario de inserción laboral da persoa en situación ou risco de exclusión social para mellorar os coñecementos sobre as funcións propias da súa profesión ou aquela formación para adquirir coñecementos que, sen ter relación cos estudos e a actividade laboral previa, complementen esta e melloren a súa empregabilidade.
A contía da subvención será o 100% do custo dos servizos, cun límite máximo por empresa de inserción laboral de 3.000€.
8.Subvención pola realización de labores de mediación laboral. Subvención de 6.000€ á empresa de inserción laboral pola contratación indefinida da persoa en proceso de inserción na empresa ordinaria ou pola transformación do contrato en inserción nun contrato indefinido na mesma empresa de inserción laboral.
A mesma contía se aplicará no caso de acompañamento á persoa en proceso de inserción na súa iniciativa de autoemprego ou na súa incorporación como socio traballador a unha sociedade cooperativa ou laboral.
Subvención de 2.000€ pola contratación temporal na empresa ordinaria igual ou superior a un ano.
Prazo
O prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 15 de outubro de 2018.
Orde de convocatoria
Orde do 2 de xaneiro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 1 do 2 de xaneiro de 2018).
Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas