Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de fomento da contratación de persoas con discapacidade na empresa ordinaria (TR343A)

Prazo Presentación: 21 de xullo de 2017 e 30 de setembro de 2017 (dependendo da axuda) - Data Fin Prazo: 02/10/17
  • Data publicación
    21/06/17
  • Corpo

    Obxecto

    Incentivar a contratación de traballadores e traballadoras con discapacidade coa finalidade de fomentar e favorecer a súa integración laboral no sistema ordinario de traballo.

    As contratacións deberán formalizarse por escrito, comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambas inclusive.

    Neste programa subvencionase a contratación a tempo completo e a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo descontinuo. A contía das subvencións e os incentivos adicionais, se é o caso, será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada ordinaria legal.
     

    Entidades beneficiarias

    Os/as empregadores e as empresas, calquera que sexa a súa forma xurídica, incluídas persoas traballadoras autónomas, sociedades civís e as comunidades de bens aínda que carezan de personalidade xurídica, as fundacións, asociacións e outras institucións sen fin de lucro, que contraten persoas traballadoras con discapacidade para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Tipos de axuda

    Subvención pola contratación indefinida

    Os/as empregadores/as e as empresas que contraten con carácter indefinido a persoas con discapacidade desempregadas no momento da contratación, ou procedentes de centros especiais de emprego, poderán obter, con carácter xeral, unha subvención de 6.000,00€ por cada persoa traballadora con discapacidade a xornada completa.

    Esta contía base incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:
    a) Un 25 % se a persoa contratada é unha muller.
    b) Un 25 % se a persoa contratada pertence a unha unidade familiar na que todas as persoas que a compoñen estean desempregadas.
    c) Un 25 % no caso de que o centro de traballo no que se incorpora a persoa traballadora con discapacidade estea situado nun concello rural.
    d) Un 25 % no caso no caso da contratación indefinida de persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral.
    e) 500 euros, no caso da contratación de persoas traballadoras procedentes de centros especiais de emprego
    f) 500 euros, no caso de contratacións en empresas que teñan ata corenta e nove traballadores ou traballadoras

    Serán obxecto destas subvencións e, se é o caso, dos incentivos adicionais, as transformacións en indefinidos de contratos formativos e de contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade.
    A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por esta subvención, de aplicarse todos os incentivos anteriores, será de 13.000,00 euros.

    Subvención pola contratación indefinida de traballadores/as con discapacidade dun enclave laboral

    No caso de empresas colaboradoras que contraten con carácter indefinido a un traballador ou unha traballadora con discapacidade do enclave laboral, segundo o previsto no RD 290/2004, do 20 de febreiro, con especiais dificultades para o acceso ao mercado ordinario de traballo, a axuda será de ata 7.814 euros por cada persoa traballadora con discapacidade contratada a xornada completa e poderá acollerse tamén á axuda para a adaptación de postos de traballo.
    Para o resto das persoas traballadoras con discapacidade do enclave laboral, as subvencións serán as establecidas con carácter xeral.

    Subvención pola contratación temporal


    Aos empregadores e empresas que contraten temporalmente, cunha duración inicial mínima do contrato de 12 meses, a persoas desempregadas con discapacidade inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego no momento da contratación, ou procedentes de centros especiais de emprego, concederáselles, con carácter xeral, unha subvención de 2.000 euros por cada persoa traballadora con discapacidade a xornada completa.

    Esta contía base incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, que son acumulables entre si:

    a) Un 25 % se a persoa contratada é unha muller.
    b) Un 25 % se a persoa contratada pertence a unha unidade familiar na que todas as persoas que a compoñen estean desempregadas.
    c) Un 25 % no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa traballadora con discapacidade estea situado nun concello rural
    d) Un 25 %, no caso da contratación de persoas con discapacidade con especiais dificultades para a súa inserción laboral

     A contía máxima que poderá ser concedida a unha entidade beneficiaria por esta subvención, de aplicarse todos os incentivos, será de 4.000,00 euros


    Subvención pola contratación de persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio

    Aos empregadores e empresas que contraten a persoas con discapacidade no marco de proxectos de emprego con apoio subvencionados pola Consellería de Economía, Emprego e Industría terán dereito as seguintes axudas:
    a) A subvención pola contratación indefinida prevista no artigo 27 incrementada nun 50%.
    b) A subvención pola contratación temporal prevista no artigo 29 incrementada nun 25%.

    De ser o caso, para o cálculo dos incrementos do 25% e do 50% da subvención concedida non se terá en conta o incentivo pola adaptación de posto.

    Subvención para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de equipamentos de protección persoal.

    Aos empregadores que contraten a persoas con discapacidade poderá concedérselles unha subvención, compatible coas anteriores, que poderá alcanzar os 902 euros, para a adaptación dos postos de traballo ou para a dotación de equipamentos de protección persoal necesarios para evitar accidentes laborais  á persoa traballadora con discapacidade contratada, ou para eliminar barreiras ou obstáculos que impidan ou dificulten o traballo das persoas traballadoras con discapacidade.

    Esta subvención será aplicable aos empregadores e ás empresas que celebren contratos indefinidos ou realicen transformacións en indefinidos de contratos formativos e de contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade, ou contratos temporais de fomento do emprego para persoas con discapacidade de acordo co establecido na disposición adicional primeira da Lei 43/2006, do 29 de decembro, para a mellora do crecemento e do emprego, ou, sempre que a súa duración sexa igual ou superior a 12 meses, contratos en prácticas, para a formación e a aprendizaxe, ou contratos de duración determinada ao abeiro do artigo 15º do Estatuto dos traballadores.

    Procedemento de concesión

    As subvencións se concederán unha vez sexa comprobado o cumprimento dos requirimentos e condicións establecidas na orde de convocatoria ata o esgotamento do crédito.

    Prazo de solicitudes

    a) As solicitudes de axudas á contratación poderanse presentar ata o último día do mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral ou se produza a transformación do contrato temporal en indefinido, respectando en todo caso o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2017.

    b) As solicitudes de axuda para a adaptación de postos de traballo poderanse presentar antes do inicio desta adaptación, respectando en todo caso o prazo xeral de presentación de solicitudes que finalizará o 30 de setembro de 2017.

    c) As solicitudes de axudas polas contratacións ou transformacións de contratos temporais en indefinidos e polas adaptacións de postos de traballo realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data de publicación desta orde deberán presentarse no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia: ata o 21 de xullo de 2017.

    Orde de convocatoria

    Orde do 5 de xuño de 2017, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº117, do 21 de xuño de 2017).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas