Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego (TR341E e TR341N)

Prazo Presentación: O prazo de presentación de solicitudes será ata o 10 de novembro de 2017. - Data Fin Prazo: 10/11/17
  • Data publicación
    05/10/17
  • Corpo

    Obxecto
    Incentivar a creación, ampliación e mantemento de emprego nos CEE mediante o financiamento parcial de iniciativas ou proxectos técnica, económica e financeiramente viables que xeren emprego estable, para traballadores e traballadoras con discapacidade.

    Beneficiarios
    Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro de centros especiais de emprego desta Comunidade Autónoma, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

    Tipos de axuda

    Para a creación e ampliación de centros especiais de emprego:

    •    Axudas para a asistencia técnica necesaria para a creación ou ampliación de centros especiais de emprego, e que poden consistir nalgunha das modalidades seguintes:

    • Estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.
    • Contratación de directores ou directoras, xerentes ou persoal técnico, por un período máximo dun ano.
    • Auditorías e informes económicos sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o esixa;
    • Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que pola súa natureza teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.
    • Auditorías sociais que permitan a empresa avaliar a súa eficacia social e o seu comportamento ético en relación aos seus obxectivos, de maneira que poida mellorar os seus resultados sociais e solidarios e dar conta deles a todas as persoas comprometidas pola súa actividade.
    • Custos derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións. A axuda para a implantación quedará condicionada á obtención da certificación de calidade.


    •    Subvención en función do investimento en activo fixo. Aqueles centros especiais de emprego que se consideren proxectos de recoñecido interese social poderán beneficiarse dunha axuda en función do investimento en activo fixo que se realice durante o período subvencionable, excluídos os impostos que graven a adquisición.


        1.Contía
    A contía base terá distintos importes segundo o CEE sexa con ou sen  ánimo de lucro

    1. Contías base en CEE con ánimo de lucro:12.020 €
    2.  Contía base para CEE cualificados sen ánimo de lucro: 13.222€

     Ás contías base indicadas no parágrafo anterior aplicaránselle os seguintes criterios de gradación:

    1. A porcentaxe de traballadores e traballadoras con discapacidade respecto do total do cadro de persoal do centro especial de emprego. Só se poderá acadar a contía base indicada no apartado anterior cando o número de traballadores e traballadoras con discapacidade supere o 90% do cadro de persoal do CEE. De non ser así a contía poderá chegar ata o 90% e no caso de CEE cualificados sen ánimo de lucro será ata o 95%.
    2. Natureza e grao da discapacidade de cada unha das persoas traballadoras contratadas. A contía máxima, unha vez aplicado o criterio da alínea a) anterior, poderá ser acadada cando sexan persoas con algunha das discapacidades definidas no artigo 5.3, noutro caso, a contía só poderá chegar ata o 90%  e no caso de CEE cualificados sen ánimo de lucro ata o 95%.
    3. Natureza e grao da discapacidade da totalidade dos traballadores e traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego: a contía máxima, unha vez aplicados os criterios das alíneas a) e b) anteriores, poderán ser acadada cando máis da metade do cadro de persoal con discapacidade do centro teña algunha das discapacidades definidas no artigo 5.3. Noutro caso, a contía poderá chegar ata o 90%. Este criterio non se aplicará aos centros especiais de emprego cualificados sen ánimo de lucro.


    Unha vez aplicados os criterios de gradación expresados no apartado 3, poderá incrementarse a contía resultante nas porcentaxes que se sinalan a seguir (acumulables entre si), cando se dean as seguintes circunstancias:

    1. Un 25% se a persoa contratada é unha muller.
    2. Un 25% se a persoa contratada pertence a unha unidade familiar na que todas as persoas que a compoñen están desempregadas.
    3. Un 25% no caso de que o centro de traballo no que se incorpora a persoa traballadora estea situado nun concello rural.

    De aplicarse todos os incentivos anteriores, a contía máxima que poderá ser concedida por esta liña de axudas, será de 21.035€  (ou 23.139€ no caso de CEE sen ánimo de lucro).


          2. Requisitos
    A empresa beneficiaria da subvención deberá manter os postos de traballos creados con carácter indefinido, un mínimo de 2 anos.
    O máximo de postos subvencionados son 10 para os CEE con ánimo de lucro e ata 15 para os CEE cualificados como centros sen ánimo de lucro .
    Subvencionarase ata o máximo do 80% do custo total directamente relacionado coa actividade do centro. Esta porcentaxe elevarase ao 100% do gasto realizado no caso de CEE sen ánimo de lucro.
    O período subvencionable sería dende o 1 de outubro de 2016 ata o 30 xuño de 2018.
    Anualidade 2017: subvencionaranse os postos creados entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017.
    A xustificación desta axuda, deberá realizarse como máximo o 10 de decembro de 2017 e as facturas terán que estar emitidas e efectivamente pagadas entre o 1 de outubro de 2016 e o 10 de decembro de 2017.

    Anualidade 2018: subvencionaranse os postos creados ou que se prevén crear (mediante compromiso asinado polo CEE que indique o número de postos e a porcentaxe de xornada)  dende o 1 de outubro de 2017 ata o 30 de xuño de 2018. Neste caso a xustificación da axuda deberá realizarse no prazo de dous meses dende a creación do posto.

    Para o mantemento de centros especiais de emprego:

    •    Subvencións para a adaptación de postos de traballo e eliminación de barreiras arquitectónicas por un importe non superior ao custo real e, en todo caso, cunha contía máxima de 1.803 euros por posto de traballo.
    A necesidade da adaptación ou dos medios especiais de protección persoal deberá contar co informe favorable da Inspección de Traballo e Seguridade Social.
    •    Axudas para a asistencia técnica necesaria para o mantemento dos postos de traballo, ata unha contía máxima de 15.000 euros, e que poden consistir nalgunha das modalidades seguintes:
    •    estudios de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga;
    •    Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que, pola súa natureza, teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa
    •     auditorías e informes económicos sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o esixa.
    •    Auditorías sociais que permitan a empresa avaliar a súa eficacia social e o seu comportamento ético en relación aos seus obxectivos, de maneira que poida mellorar os seus resultados sociais e solidarios e dar conta deles a todas as persoas comprometidas pola súa actividade.
    •    Custes derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións. A axuda para a implantación quedará condicionada á obtención da certificación de calidade.
    •     A contratación de directores ou directoras, xerentes ou persoal técnico, poderá formalizarse por un período máximo dun ano, e por unha soa vez.

    Prazo de solicitudes
    O prazo para a presentación de solicitudes finalizará o 10 de novembro de 2017.


    Orde de convocatoria
    Orde do 20 de setembro de 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a Centros Especiais de Emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG nº 189 do 04 de outubro de 2017).
     

  • Estado:
    En prazo