Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego (TR341K)

Prazo Presentación: Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia - Data Fin Prazo: 06/11/17
  • Data publicación
    05/10/17
  • Corpo

    Obxecto
    Subvencionar o desenvolvemento das funcións dos profesionais das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego, no proceso da incorporación a un posto de traballo, así como a permanencia e progresión no mesmo das persoas con discapacidade severa.

    CEE Beneficiarios
    Os centros especiais de emprego que cumpran os seguintes requisitos:
    -Figurar inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia.
    -Que formen parte do seu cadro de persoal persoas traballadoras co tipo de discapacidade indicado no artigo 5.3 das bases reguladoras:
    Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
    •    Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.
    -Cumprir cos requisitos que se establecen no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    -Dispor de unidades da apoio á actividade profesional coa composición establecida na orde que regula estas axudas.

    Tipos de axuda
    -As subvencións establecidas nesta orde destinaranse a financiar os custos salariais e da Seguridade Social derivados da contratación indefinida dos traballadores das unidades de apoio á actividade profesional nos centros especiais de emprego.
    - A contía das ditas subvencións establécese en 2.400 euros anuais por cada persoa traballadora co tipo de discapacidade severa indicada anteriormente, contratados por tempo indefinido ou mediante contrato temporal de duración igual ou superior a seis meses.
    - A subvención de 2.400 euros reducirase proporcionalmente en función da duración dos contratos das persoas traballadoras con discapacidade apoiadas e en función da duración da xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.
    - Serán subvencionables os custos salariais e da Seguridade Social correspondentes ás mensualidades desde outubro de 2016 ata xuño de 2018, ambas inclusive.

    Anualidade 2017: mensualidades desde o 1 de outubro de 2016 a 30 de setembro de 2017.
    Importe  a subvencionar 2.400 euros /por persoa con discapacidade apoiada polo período  que vai do 1-10-2016 a 30/09/2017.

    Anualidade 2018:  mensualidades desde o 1 de outubro de 2016 a 30 de xuño de 2018.
    Importe  a subvencionar 1.800 euros /por persoa con discapacidade apoiada polo período  que vai do 1-10- 2017 a 30/06/2018.

    Prazo de solicitudes
    Un mes a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia  (o prazo rematará o día 6 de novembro de 2017).

    Orde de convocatoria
    Orde do 20 de setembro de 2017, da Consellería de Economía, Emprego e Industria pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a Centros Especiais de Emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2017-2018 (DOG nº 189 do 04 de outubro de 2017).
     

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas