Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Subvención do custo salarial para o mantemento de centros especiais de emprego (TR341M)

Prazo Presentación: O prazo para a presentación desta solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia - Data Fin Prazo: 06/11/17
  • Data publicación
    05/10/17
  • Corpo

    Obxecto
    Axudar aos centros especiais de emprego a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.

    Beneficiarios
    Os centros especiais de emprego que figuren inscritos como tales no Rexistro de centros especiais de emprego desta Comunidade Autónoma, de acordo co disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo.

    Axuda
    •    Subvención do custo salarial dun importe de ata o 50% do salario mínimo interprofesional correspondente ás mensualidades de xullo de 2017 a xuño 2018, para os postos de traballo ocupados por persoas  cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.
    •    O importe da subvención correspondente a cada mensualidade será de 353,85 euros/mes ou 11,79 euros/día. No suposto de ter rateadas as pagas extraordinarias o importe será de 412,83 euros/mes, ou 13,76 euros/día.
    •    Á porcentaxe do 50% do SMI engadiraselle un 6% para as persoas con discapacidade que estén incluídas nalgún dos supostos do artigo 5.3 da orde, a contia será o 56% do salario mínimo interprofesional, asi os importes serán de 396,31€ mes ou 13,21€ dia e no caso de ter as  pagas rateadas 462,36€ mes ou 2,20€ dia.
    •    O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano.
    •    Para os centros especiais de emprego que rateen as pagas extraordinarias o importe da subvención incluirá a parte proporcional da segunda paga extraordinaria do ano 2017, e da primeira do ano 2018.
    •    Para os centros especiais de emprego que non rateen as pagas extraordinarias a subvención incluirá as pagas extraordinarias polo período do 1 de xullo ao 31 de decembro de 2017, e do 1 de xaneiro ao 30 de xuño de 2018. Asimesmo, no suposto de cese da relación laboral as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan pola parte proporcional da paga extra polo período traballado do 1 de xullo de 2017 ao 30 de xuño de 2018.
    •    No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral realizada.
    •    No suposto de que nun mesmo mes se produzan variacións  na duración  da xornada laboral do traballador ou da traballadora con discapacidade, soamente se terá en conta para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade a porcentaxe da xornada laboral inferior.
    •    A resolución comprenderá todo o periodo que se vai subvencionar e incluirá como anexo a relación dos traballadores e das traballadoras con discapacidade do centro especial de emprego tidos en conta para o cálculo da contía da subvención.
    •    Con cargo á anualidade orzamentaria de 2017 concederase a subvención polas  mensualidades de xullo, agosto, setembro e outubro de 2018.
    •    Con cargo á anualidade orzamentaria de 2018 concederase a subvención polas mensualidades de novembro e decembro de 2017 e, se é o caso, a segunda paga extraordinaria do ano 2016, as mensualidades de xaneiro a xuño de 2018 e, se é o caso, a primeira paga extraordinaria do ano 2018.

    Prazo de solicitudes
    Deberá presentarse unha única solicitude pola subvención do custo salarial por todas as mensualidades subvencionables.
    O prazo para a presentación desta solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Polo tanto o prazo de presentación da subvención do custo salarial finalizará o 6 de novembro de 2017.

    Orde de convocatoria
    Orde do 20 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras da subvención de axudas a centros especiais de emprego (CEE) co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede a súa convocatoria para o ano 2017  (DOG nº 189, do 04 de outubro 2017).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas