Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de incentivos á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas paradas de longa duración (TR349R)

Prazo Presentación: Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2017.
*Información do prazo de presentación de solicitudes no último parágrafo do apartado documentación. - Data Fin Prazo: 30/09/17
  • Data publicación
    06/04/17
  • Corpo

    Obxecto

    Favorecer o emprego estable e facilitar a inserción laboral dos parados e paradas de longa duración que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo.

    As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017, ambas incluídas.

    Entidades beneficiarias


    Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos e autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten por conta allea persoas traballadoras desempregadas de longa duración, para prestaren servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que se cumpran as condicións e os requisitos establecidos nesta orde para os distintos tipos de axudas e non incorran nas circunstancias previstas nos puntos 2º e 3º do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

    Colectivo subvencionable

    Persoa desempregada parada de longa duración: aquela de 45 ou máis anos de idade, que na data da súa alta no correspondente réxime da Seguridade Social estea sen traballo e acredite un período de inscrición como desempregada no Servizo Público de Emprego de, polo menos, doce meses durante os dezaoito meses anteriores á súa contratación.

    Contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais realizadas con persoas desempregadas paradas de longa duración que se formalicen desde o día 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro de 2017, ambos incluídos.

    A contratación indefinida inicial poderá ser a tempo completo ou a tempo parcial, incluída a modalidade de fixo-descontinuo.

    Requisitos

    A persoa traballadora pola que se solicita a subvención debe ser persoa desempregada parada de longa duración, segundo o establecido no artigo 5 desta orde.

    Como consecuencia da contratación indefinida inicial pola que se solicita subvención ten que incrementarse o cadro de persoal fixo da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

    Como consecuencia da contratación indefinida que se fomenta ten que incrementarse o emprego neto da empresa no ámbito territorial de Galicia, respecto aos tres meses anteriores ao mes de realización da contratación pola que se solicita subvención.

    A xornada da contratación indefinida inicial a tempo parcial deberá ser igual ou superior ao 50% da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación o, no seu defecto, da xornada máxima legal.

    Contías dos incentivos

    1. As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

    • 10.000 € cando se trate dun home desempregado.
    • 12.500 € cando se trate dun home desempregado e a empresa conte no seu cando de persoal no mes de contratación pola cal se solicita a subvención cun mínimo do 75% de persoal indefinido.


    Estas contías incrementaranse nun 25% nos seguintes casos:
    a) Se a persoa incorporada é unha muller.
    b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social.
    c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados.
    d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.

    2. A contía dos incentivos será proporcional ao tempo efectivo de traballo en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, na súa falta, da xornada máxima legal.

    Prazo de solicitudes

    As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de xaneiro de 2016 e a data da publicación desta orde deberanse presentar no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde.

    As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberanse solicitar ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola cal se solicita subvención. Se o último día de prazo é inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    O prazo para a presentación das solicitudes de axudas rematará o 30 de setembro de 2016, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.


    Orde de convocatoria

    Orde do 21 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación por conta allea das persoas desempregadas paradas de longa duración e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG Núm.68, do 6 de abril de 2017).
     

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas