Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas (TR349F)

Prazo Presentación: Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG e o prazo de presentación de solicitudes rematará o 30 de setembro de 2017. *Información do prazo de presentación de solicitudes no último parágrafo do apartado documentación. - Data Fin Prazo: 30/09/17
  • Data publicación
    13/03/17
  • Corpo

    Obxecto

    Incentivar á contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizada polas persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.

    As contratacións polas que se solicita subvención deberán formalizarse e comunicarse á oficina pública de emprego na forma regulamentariamente establecida, e ter data de inicio comprendida entre o 1 de outubro de 2016 e o 30 de setembro de 2017 ambas inclusive.

    Persoas Beneficiarias

    1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola primeira contratación que realicen con carácter indefinido durante o seu primeiro ano de actividade.

    2. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais pola segunda e terceira contratación que realicen con carácter indefinido nos tres primeiros anos de actividade.

    Colectivos subvencionables

    Os incentivos previstos neste programa serán de aplicación ás contratacións indefinidas iniciais a tempo completo ou a tempo parcial realizadas por persoas traballadoras autónomas ou as persoas profesionais con persoas traballadoras desempregadas para prestar servizos en centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Contías
    As contratacións indefinidas iniciais incentivaranse cunha axuda de:

    Primeira persoa traballadora indefinida:

    5.000 € cando se trate dun home desempregado.

    Segunda e terceira persoa traballadora indefinida:

    6.000 € cando se trate dun home desempregado.

    Estas contías incrementaranse nun 25% nos seguintes casos:


    a) Se a persoa incorporada é unha muller
    b) Se a persoa incorporada ten discapacidade ou se atopa en situación ou risco de exclusión social
    c) Se a persoa incorporada pertence a unha unidade familiar no que todos os seus membros están desempregados
    d) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) da persoa autónoma estea situado nun concello rural.


    Deste xeito as contías máximas posibles, de aplicarse todos os incrementos, serían:

    • Para a primeira persoa traballadora indefinida 10.000 €
    • Para a segunda e terceira persoa traballadora indefinida 12.000€


    Prazo de solicitudes

    As solicitudes de axudas polas contratacións realizadas entre o 1 de outubro de 2016 e a data da publicación desta orde (13/03/2017), deberán presentarse no prazo de dous meses a contar desde o día seguinte a data de publicación desta orde orde (13/05/2017).

    As axudas previstas polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán solicitarse ata o último día do segundo mes seguinte á data en que se inicie a relación laboral indefinida pola que se solicita subvención.

    O prazo para a presentación das solicitudes de axudas finalizará o 30 de setembro de 2017, aínda que nesa data non transcorrera o prazo sinalado no parágrafo anterior.

    Orde de convocatoria


    Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a promoción e consolidación do emprego autónomo a través do Programa I, de axudas á promoción de emprego autónomo, cofinanciado parcialmente con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e o Programa II, de axudas a persoas traballadoras autónomas pola contratación indefinida de persoas asalariadas, e se convocan para o ano 2017 (DOG Nº 50, do 13 de marzo).

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas