Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Subvencións ás entidades asociativas de traballadores autónomos (TR358A)

Prazo Presentación: Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. - Data Fin Prazo: 08/05/17
  • Data publicación
    06/04/17
  • Corpo

    Obxecto

    Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lle son propios.



    Entidades beneficiarias

    Entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial e cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da comunidade autónoma.

    Requisitos

    As entidades solicitantes, para ser beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

    b) Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación desta orde.

    c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia

    d) Ter o seu domicilio social e sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina pemanente nela.

    Gastos subvencionables

    Serán subvencionables os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2016 e o 31 de outubro de 2017.

    Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:

    a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terá en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

    b) Arrendamentos de locais.

    c) Servizos profesionais independentes.

    d) Primas de seguros.

    e) Publicidade e propaganda.

    f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

    g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

    h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

    i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios,  xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención.

    j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención.

    Subvencións

    Poderá subvencionarse ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 18, e, en todo caso, o 10 % restante por conta da entidade beneficiaria.
    A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 38.000 €.

    Prazo de solicitudes

    Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    Orde de convocatoria

    Orde do 23 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, das entidades asociativas de centros especiais de emprego e das entidades asociativas de empresas de inserción laboral, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (DOG nº 68, do 6 de abril de 2017).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas