Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT) (TR340D)

Prazo Presentación: Indefinido - Data Fin Prazo: 31/12/20
  • Data publicación
    02/04/07
  • Corpo

    Obxecto:

    O programa de apoio ás IEBT vai encamiñado a fomentar e incrementar os sistemas de apoio á creación de novas empresas de base tecnolóxica, que constitúen un elemento clave para o desenvolvemento futuro da nosa comunidade como motores dinamizadores da sociedade do coñecemento e a xeración de emprego cualificado. Un dos obxectivos formulados é a necesidade de promover e fomentar actividades de investigación e desenvolvemento, que sexan máis eficaces e estean mellor coordenadas, debendo traballar xuntos a escala europea para garantir que a investigación dea lugar a produtos e servizos innovadores, que xeren crecemento e postos de traballo altamente cualificados.

    O programa configúrase como un instrumento para impulsar o espírito emprendedor no trinomio investigación, tecnoloxía e emprego; mediante o aproveitamento intensivo e na colaboración coas diferentes estruturas que xa existen tanto na Consellería de Traballo e noutros departamentos da Xunta de Galicia, como coas tres universidades galegas e con outras entidades vinculadas á innovación, á tecnoloxía e á iniciativa emprendedora.

    Instrumentos e mecanismos de apoio e avaliación técnica:

    Neste programa, ademais de axudas económicas que se regulan na correspondente orde anual de convocatoria, para facilitar a materialización do proxecto innovador en empresa, establécense medidas de acompañamento, asesoramento e avaliación técnica:
     Axentes de emprego con especialización en iniciativas empresariais de base tecnolóxica. Estarán integrados na rede de axentes de emprego impulsada pola Consellería de Traballo, coa función de prestar apoio ás persoas promotoras para facilitar a materialización do seu proxecto innovador en empresa, mediante accións de acompañamento e asesoramento técnico especializado e personalizado durante a fase inicial de elaboración do plan de empresa e durante os primeiros anos de lanzamento de actividade.
     Persoal consultor de apoio. Designados pola Consellería de Traballo, entre profesionais de recoñecida experiencia con capacidade e solvencia para a avaliación tecnolóxica e empresarial do proxecto. Realizarán o informe sobre a viabilidade técnica, económica e financeira dos proxectos empresariais que se presenten para a súa cualificación como IEBT.
    Asi mesmo, a Consellería de Traballo encargará un informe técnico, de carácter non vinculante, á Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación.
     Comité de IEBT. Trátase dun órgano colexiado de carácter consultivo para a avaliación técnica dos proxectos; está formado por un presidente, ata 9 vocais e un secretario; este último actuará con voz pero sen voto. O Comité de IEBT reunirase cantas veces sexa preciso para a análise e avaliación técnica dos proxectos en virtude da convocatoria do seu presidente e emitirá informe sobre o carácter innovador, a orientación científica, a base tecnolóxica, as perspectivas de negocio e a potencialidade de crecemento e de creación de emprego.

    Requisitos de cualificación:

    Para que un proxecto empresarial poida ser cualificado como IEBT e inscribirse no rexistro correspondente deberá reunir os seguintes requisitos:

    • Ser viable técnica, económica, financeira e comercialmente.

    • Que a actividade, producto ou servizo teña carácter innovador e contido científico ou base tecnolóxica.

    • Que se trate dunha empresa privada de nova creación, incluíndo autónomas e autónomos, con centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.

    • Que se prevexa, no primeiro ano de actividade, a creación de emprego estable para persoas desempregadas e inscritas como demandantes de emprego, respectando a proporción dunha persoa titulada por cada catro postos de traballo.

    • Que o cadro de persoal no momento de iniciar a súa actividade produtiva estea constituído nun 25%, como mínimo, por persoas con titulación universitaria.

    Cualificación e rexistro:

    • Poderán solicitar a cualificación como IEBT os promotores dos proxectos empresariais e as empresas constituídas dentro dun prazo máximo dun ano anterior á data da presentación da solicitude de cualificación, sempre que non iniciasen a actividade. Os promotores, e no seu caso, as empresas poderán iniciar a súa actividade unha vez presentada a solicitude de cualificación.

    • As solicitudes de cualificación como IEBT dirixiranse ao director xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, e presentaranse en modelo normalizado, acompañando a seguinte documentación:
    - DNI da persoa promotora e, de ser o caso, poder para actuar en nome da persoa xurídica que representa.
    - Memoria técnica e económica explicativa do proxecto ou plan de empresa.
    - Informe do axente de emprego especializado en IEBT que prestou o apoio e asesoramento.
    - Declaración da persoa promotora da data prevista para a constitución da empresa e da prevista para o inicio da actividade.

    • A competencia para coñecer e resolver sobre as solicitudes de cualificación de iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), corresponderalle ao director xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo.

    • O prazo para resolver será de 3 meses contados desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación. Transcorrido o dito prazo sen que recaese resolución expresa, entenderase estimada a solicitude de cualificación.

    • Na Dirección Xeral de Promoción do Emprego da Consellería de Traballo, levarase un rexistro administrativo de IEBT, no que se inscribirán os proxectos empresariais cualificados como IEBT.

    • A inscrición no rexistro administrativo farase de oficio e practicarase na mesma data en que se cualifique o proxecto empresarial como IEBT, facéndose constar, como mínimo, a seguinte información:
    - Número de rexistro que se lle asigna e data de cualificación.
    - Datos de identificación do proxecto/empresa, con indicación do nome ou razón social, domicilio social e localidade.
    - Definición, obxecto e actividade económica e descrición do contido científico ou tecnolóxico do proxecto.
    - Número previsto de postos de traballo que se van crear.
    - Identificación das persoas promotoras do proxecto.
    - Vencemento do prazo para constituírse en empresa e/ou iniciar a súa actividade.

    Axudas e subvencións:

    As persoas promotoras ou as empresas resultantes dos ditos proxectos, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, sempre que se constitúan e inicien a súa actividade no prazo dun ano desde que o proxecto empresarial foi cualificado como IEBT ou, de ser o caso, no que se estableza na resolución de cualificación ou na complementaria que se dicte para o efecto, poderán acollerse ás liñas de axudas e subvencións que estableza a Consellería de Traballo, de acordo cos requisitos, condicións e prazos que se establezan para os distintos tipos de axuda nas correspondentes ordes de convocatoria.

    As axudas concederanse en atención ó número de postos de traballo creados para desempregados e poderán consistir en:
    • Axuda á creación de emprego estable.
    • Subvención financeira de reducción de xuros de préstamos para financiar investimentos en activo fixo. Establecerase unha contía máxima por cada posto de traballo estable.
    • Subvencións para a contratación de expertos técnicos de alta cualificación. Establecerase unha contía máxima por proxecto e calcularase en atención aos custos laborais totais.
    • Axudas en atención ao custo de funcións xerenciais externas.
    • Axudas económicas para facilitar o financiamento dos gastos para o inicio e posta en marcha da actividade. A contía da axuda fixarase nunha porcentaxe do custo cun límite máximo variable en atención ao número de postos de traballo.

    Normativa reguladora:

    Decreto 56/2007, do 15 de marzo, polo que se establece un programa de apoio ás iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT). (DOG nº 65; 2/04/2007).
    Corrección de erros (DOG nº 78 do 23 de abril de 2007)
     

    ENDEREZOS E TELÉFONOS DE INFORMACIÓN

    CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR

    DIRECCIÓN XERAL DE PROMOCIÓN DO EMPREGO
    Subdirección Xeral de Apoio á Contratación, aos Emprendedores e ao Traballo Autónomo
    Servizo de Apoio aos Emprendedores e á integración Laboral das Persoas con Discapacidade
    Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
    15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA
    TELÉFONOS:
    981-957732, 981-544716, 981-544682, 981957253

    XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
    Servizo de Promoción do Emprego
    Avda. Salvador de Madariaga 9 - 1º
    15004 - A Coruña
    TELÉFONOS:
    881-881547, 881-881594

    XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
    Servizo de Promoción do Emprego
    R./ Ronda da Muralla, nº 70-baixo
    27071 - LUGO
    TELÉFONOS:
    982-294048, 982-294911

    XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
    Servizo de Promoción do Emprego
    Avda. da Habana, 79 – 6º
    32004 - Ourense
    TELÉFONO:
    988-386823

    XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
    Servizo de Promoción do Emprego
    R./ Concepción Arenal, nº 8 , 2º
    36201 - VIGO
    TELÉFONO:
    986-817695

    SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA:
    TELÉFONO: 902 125 000

    REDE DE TÉCNICOS LOCAIS DE EMPREGO

    http://www.updcoordinalocal.org/directorio-axentes/index.php

  • Estado:
    En prazo