Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións
Obxecto
Estas bases teñen por obxecto aprobar as bases reguladoras para as persoas traballadoras autónomas por conta propia ou autónomas que unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade amplíen a contratación da persoa que tiñan contratada para cubrir a dita baixa, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Persoas beneficiarias
As persoas traballadoras autónomas que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, que tiveran realizado un contrato de interinidade por maternidade ou paternidade e no prazo dos quince días seguintes á súa finalización realicen outro contrato coa mesma persoa.
Tipo de axuda
Procedemento de concesión
O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
Prazo de solicitudes
O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas para este programa será dun mes desde a súa publicación no DOG para as contratacións realizadas ata a súa publicación e dun mes desde a contratación para as realizadas con posterioridade á súa publicación.
Orde de convocatoria
Orde do 17 de outubro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras, de carácter permanente, que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017. (Código de procedemento TR341R).Diario Oficial de Galicia nº 205 de 27 de outubro de 2017.
Documentos relacionados
Ligazóns relacionadas