Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa Emprega Xuventude dirixido a empresas da Industria 4.0 e a agroalimentación (TR349T)

Prazo Presentación: O prazo de presentación rematará o 15 de decembro 2017 - Data Fin Prazo: 15/12/17
  • Data publicación
    26/08/17
  • Corpo

    Obxecto

    Programa de incentivos para fomentar á contratación xuvenil e atender as necesidades das empresas cara aos novos perfís profesionais, nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario.

    Personas beneficiarias

    As empresas que estean interesadas en colaborar con dita experiencia, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario, que deben de contar con centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia e cumplan os seguintes requisitos:

    • Contar cun mínimo de 5 persoas traballadoras na data da presentación da solicitude de participación na experiencia piloto.
    • Unha estabilidade laboral que deberá ser dun mínimo dun 60% no mes anterior ao da solicitude

    A conformidade de participación manifestarase no anexo I da solicitude.


    Contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións dunha duración mínima inicial de 12 meses realizadas desde o 26 de agosto de 2017 ata o 15 de decembro de 2017  e formalizadas con persoas desempregadas menores de 30 anos.
     

    Contías

    Para mellorar a súa cualificación, proporcionarase unha subvención de 2.000 euros  as empresas participantes que formarán ás persoas traballadoras nas propias empresas polo que la formación se centrará mas características do posto para o que é contatado a persoa moza

    Para incentivar á contratación haberá un segundo bono de 5.000 euros para a contratación laboral de mozos e mozas nas empresas de sectores e liñas de negocio empresarial vinculados á innovación tecnolóxica industrial ou no sector agroalimentario aos que va dirixida a presente orde.
     

    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

    As solicitudes de participación neste programa piloto así como os bonos de contratación e formación deberán presentarse no prazo dun mes desde a data de formalización do contrato.

    O prazo de presentación rematará o 15 de decembro 2017, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior.
     

    Orde de convocatoria

    Orde do 11 de agosto de 2017, pola que que se establecen as bases reguladoras dunha experiencia piloto para a creación dun dunha experiencia piloto para a creación dun programa a prol da contratación e formación das persoas mozas nos sectores vinculados á Industria 4.0 e ao sector agroalimentario e se procede á convocatoria de incentivos para as empresas para formación e contratación de mozas e mozos neses sectores. (DOG Nº 161, do 25 de agosto de 2017).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas