Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma (TR341R)

Prazo Presentación: Un mes desde a súa publicación no DOG para as contratacións realizadas ata a súa publicación e dun mes desde a contratación para as O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas para este programa será de dous mes desde a súa publicación no DOG para as contratacións realizadas ata a súa publicación e dun mes desde a contratación para as realizadas con posterioridade á súa publicación.con posterioridade á súa publicación - Data Fin Prazo: 30/10/18
  • Data publicación
    18/05/18
  • Corpo

    Obxecto
    Estas bases teñen por obxecto aprobar as bases reguladoras para as persoas traballadoras autónomas por conta propia ou autónomas que unha vez finalizada a súa baixa por maternidade ou paternidade contraten a unha persoa, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
     

    Persoas e entidades beneficiarias
     1. Poderán ser beneficiarias destas subvencións as persoas traballadoras que estean dadas de alta no réxime especial da Seguridade Social de persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, que segundo o anexo I teña o seu centro de traballo (ou domicilio social, no caso de carecer deste) na comunidade autónoma de Galicia, que gozasen dunha baixa por maternidade ou paternidade e que no prazo dos quince días seguintes á súa finalización realicen un contrato a unha persoa traballadora por conta allea.
    2. Tamén serán beneficiarias as sociedades que realicen unha contratación nas mesmas condicións que no parágrafo anterior con respecto aos autónomos societarios

    Tipo de axuda
    1.    Será subvencionable a contratación realizada por unha persoa traballadora autónoma unha vez rematada a súa baixa por maternidade ou paternidade, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde, sempre que esa contratación se realice entre o 1 de novembro de 2017 e o 30 de setembro de 2018.

    2.    O importe da subvención para compensar dita contratación será do 100% da cota empresarial da Seguridade Social incluídas as de accidentes de traballo e enfermidades profesionais correspondente á persoa contratada durante un máximo de 16 semanas.

    Procedemento de concesión
    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención  non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

    Prazo de solicitudes
    O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas para este programa  será de dous mes desde a súa publicación no DOG para as contratacións realizadas ata a súa publicación e dun mes desde a contratación para as realizadas con posterioridade á súa publicación.

    Orde de convocatoria
    Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para a conciliación por maternidade ou paternidade da persoa traballadora autónoma, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018. (Código de procedemento TR341R).Diario Oficial de Galicia nº 92 de 15 de maio de 2018.

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas