Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Promoción do emprego autónomo de xoves menores de 30 anos (TR341O)

Prazo Presentación: Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitudes rematará o día 30 de setembro de 2014 - Data Fin Prazo: 30/09/14
  • Data publicación
    27/05/14
  • Corpo

     

    Obxecto

    Promover e axudar a financiar aqueles proxectos empresariais que faciliten a creación do seu propio posto de traballo ás persoas desempregadas menores de 30 anos que, pretendan desenvolver  a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia como persoas traballadoras autónomos  ou por conta propia.
    Subvencionaranse as altas na Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional que, cumprindo os requisitos e condicións establecidas nela, se formalicen desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014, ambos inclusive.

    Persoas beneficiarias

    1.- As persoas desempregadas menores de 30 anos inscritas como demandantes de emprego no Servizo Público de Emprego, que procedan á creación do seu propio posto de traballo mediante a súa constitución en persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, e que desenvolvan a súa actividade empresarial ou profesional en Galicia, sempre que cumprindo as condicións establecidas para cada tipo de axuda, reúnan os seguintes requisitos:

    • Sexan titulares ou cotitulares de negocio ou explotación.

    • Ter menos de 30 anos de idade na data da presentación da solicitude.

    • Se dean de alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional  entre o 1 de outubro de 2013 e o 30 de setembro de 2014.

    • Non percibisen subvencións ao abeiro do Programa de promoción do emprego autónomo nos catro anos anteriores á data do inicio da nova actividade.

    • Non desenvolvesen como persoas  traballadoras autónomas a mesma ou similar actividade na mesma localidade, nos seis meses inmediatamente anteriores á data do inicio da nova actividade, nin estivesen de alta como persoas traballadoras autónomas en calquera réxime da Seguridade Social ou en mutualidade de colexio profesional, sempre que a dita situación de alta presupoña actividade, nos tres meses inmediatamente anteriores.

    2.- As persoas traballadoras autónomas  ou por conta propia poderán ser beneficiarios/as das axudas deste programa, cando formen parte de comunidades de bens ou sociedades civís de nova creación,  sempre que as soliciten a título persoal. Neste caso, a comunidade de bens ou sociedade civil deberá estar constituída previamente á presentación da solicitude de subvención.

     Quedan excluídos deste programa, os socios de sociedades mercantís, cooperativas e sociedades  laborais e os autónomos colaboradores.

    Tipos de axuda

    A. Subvención para  iniciativas de autoemprego xuvenil

    Co obxecto de facilitarlle ingresos durante o inicio da actividade á persoa xove desempregada que emprenda unha iniciativa empresarial ou profesional por conta propia, poderá concedérselle unha subvención a calquera persoa menor de 30 anos, que solicite a alta no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade profesional, dende a data da publicación desta orde ata o 30 de setembro de 2014   por unha cantidade de 1.200 euros, que se incrementarán nun 10 % se o centro de traballo está situado en calquera concello das provincias de Lugo ou Ourense.

    Esta subvención é incompatible coas outras subvencións desta mesma Orde.

    B. Subvención polo establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia.

    1.- Co obxecto  de facilitarlles ingresos durante o inicio da actividade e posta en marcha da iniciativa empresarial ou profesional, poderá concedérselle unha subvención polo seu establecemento como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, que estean de alta ou se dean de alta no momento da presentación ou no prazo que se lle indique na resolución da concesión, sempre que se acredite un investimento en inmobilizado material ou intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por unha contía non inferior a 3.000 euros  sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, e se realice no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e os seis  posteriores  ao dito inicio, coa data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014.

     2.- As contías desta subvención serán as seguintes:

    A. 5.000 euros mozo.
    B. 6.000 euros moza.
    C. 6.500 euros persoa xove emigrante retornada, persoa xove traballadora procedente de empresa en crise, persoa xove desempregada de longa duración e persoa xove desempregada que esgotase a prestación por desemprego.
    D. 8.000 euros mozo desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
    E. 10.000 euros moza desempregada con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

    Estas  contías poderán ser incrementadas, se  se acredita unha inversión en inmobilizado material o intanxible necesario para o desenvolvemento da actividade por contía non inferior a 5.000 euros sen engadir o importe sobre o valor engadido o, no seu caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación o compensación, e se realicen no período comprendido entre os tres meses anteriores ó inicio da actividade e os seis meses posteriores a dito inicio con data límite, en todo caso, do 20 de decembro de 2014, de acordo co seguinte:

    1.-  En 1.000 euros para persoa xove desempregada.
    2.-  En 2.600 euros persoa xove desempregada con discapacidade, persoa xove pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

    A contía resultante incrementarase nun 10 % se o centro de traballo está situado en calquera concello das provincias de Lugo ou Ourense

    C. Subvención financeira

    Ten por finalidade a creación do seu propio posto de traballo mediante a  redución de xuros de préstamos necesarios para a súa constitución como persoa traballadora autónoma ou por conta propia, que estean de alta ou se dean de alta no momento da presentación ou no prazo que se lle indique na resolución da concesión, tendo en conta que, como mínimo, o 75% do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. Este investimento deberase realizar no período comprendido entre os tres meses anteriores ao inicio de actividade e os seis meses posteriores a dito inicio, con data límite en todo caso do 20 de decembro de 2014. En todo caso,  a persoa beneficiaria debe acreditar un investimento en inmobilizado material ou intanxible por unha contía non inferior a 3.000 euros sen incluír o imposto sobre o valor engadido ou, de ser o caso, os impostos indirectos equivalentes cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

    Os préstamos, para seren subvencionables, deberán ser concedidos polas entidades financeiras que teñan subscrito convenio coa Consellería de Traballo e Benestar, e deberán formalizarse entre os tres meses anteriores ao inicio da actividade e o 30 de setembro de 2014, ou, de ser o caso, no prazo específico establecido no resolución de concesión.

    Esta subvención, pagadoira dunha soa vez, será equivalente á redución de ata  catro puntos do tipo de xuro fixado pola entidade financeira que conceda o préstamo, calculada sobre os oito primeiros anos de vixencia destes. A contía calcularase como se a subvención se xerase cada ano de duración do préstamo, incluído o posible período de carencia. O tipo de xuro poderá ser fixo ou variable, tomándose como referencia para o cálculo da subvención o tipo de xuro vixente na data da resolución da subvención, ou o vixente na data da sinatura do contrato do préstamo se esta é anterior.

    A subvención financeira terá como límite máximo as contías seguintes:

    A.  5.000 euros mozo.
    B.  6.000 euros moza.
    C. 6.500 euros para persoa xove emigrante retornada, persoa xove traballadora procedente de empresa en crise, persoa xove desempregada de longa duración e persoa xove desempregada que esgotase a prestación por desemprego.
    D. 8.000 euros mozo desempregado con discapacidade ou pertencente a colectivos en risco ou situación de exclusión social.
    E. 10.000 euros moza desempregada con discapacidade ou pertencentes a colectivos en risco ou situación de exclusión social.

    Procedemento de concesión

    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención  non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
    A concesión das axudas e subvencións previstas para o ano 2014  estará suxeita á existencia de crédito orzamentario.

    Se o orzamento asignado non é suficiente para proceder ao pagamento de todas as axudas solicitadas, aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentase nalgún dos lugares previstos na orde.

    Prazo de solicitudes


    •  O prazo para a presentación de solicitudes de axudas do programa para a promoción do emprego autónomo  finalizará o 30 de setembro de 2014.

    •  Serán subvencionables as altas no réxime especial de autónomos ou en calquera outro réxime especial por conta propia da Seguridade Social ou en mutualidade profesional desde a data de publicación da convocatoria ata o 30 de setembro de 2014 para a subvención para iniciativas de emprego xuvenil.

    Para a axuda polo establecemento como traballador ou traballadora autónoma ou por conta propia e a axuda para a subvención financeira, subvencionarase as altas producidas desde o 1 de outubro de 2013 ata o 30 de setembro de 2014.

    Orde de convocatoria


    Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa para a promoción do emprego autónomo de xóvenes menores de 30 anos cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 100, do 27 de maio de 2014)

  • Estado:
    Histórico