Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa do bono autónomo (TR341Q)

Prazo Presentación: Un mes a partir do día seguinte o da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia - Data Fin Prazo: 31/08/17
  • Data publicación
    31/07/17
  • Corpo

    Obxecto
    Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Persoas beneficiarias
     As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional  de maneira ininterrompida a data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e  que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima  anual de 12.000 euros IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.

     Quedan excluídas desta orde:

    • a) Os familiares que, de xeito habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas, que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme ao establecido no art. 1.3e) do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo  2/2015, do 23 de outubro.
    • b) Os traballadores economicamente dependentes aos que se refire o capitulo III do Titulo II da lei20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo.



    Tipo de axuda

    1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias  desta orde, unha subvención mediante  pagamento anticipado, de ata 3.000 euros.
    2. Esta axuda destinarase a sufragar os gastos nos seguintes servizos:
      Profesionalización:  servizos de mellora da xestión financeira e procura de financiamento, servizos de optimización de procesos de produción  e cadea loxística, relanzamento comercial, imaxe e comunicación e posicionamento web.
      Desenvolvemento estratéxico: plan de mellora empresarial, marketing, redefinición do modelo de negocio e identificación de socios e redes de cooperación.
      Tamén se poderá ter en consideración calquera outro servizo ou actividade non incluído nos parágrafos anteriores que poida ser considerado de maneira indubidable como dirixido á mellora da competitividade.
    3. Así mesmo, poderá  ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona (DOG 03/08/2016)  na súa convocatoria de 2017 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.
    4. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o día seguinte ao da publicación desta orde e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 20 de decembro do exercizo en curso.


    Procedemento de concesión
    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención  non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
    A distribución provincial de créditos para o financiamento das axudas e subvencións previstas nesta orde será directamente proporcional á  porcentaxe dos autónomos afiliados ao RETA en cada provincia a 31 de decembro do ano anterior á convocatoria de cada exercizo. Se o orzamento asignado a cada provincia non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación en cada ámbito provincial.  Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 9.2  desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou más solicitudes presentadas que correspondan ao mesmo ámbito provincial, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

    Prazo de solicitudes
    O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa do bono autónomo será dun mes desde a súa publicación no DOG.

    Orde de convocatoria
    Orde do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do programa  do bono das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 (Código de procedemento TR 341Q).Diario Oficial de Galicia nº 144 de 31 de xullo de 2017.

  • Estado:
    Fora de Prazo

Ligazóns relacionadas