Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa do bono autónomo (TR341Q)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa do bono autónomo será dun mes desde a súa publicación no DOG. - Data Fin Prazo: 04/07/18
  • Data publicación
    04/06/18
  • Corpo

    Obxecto
    Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa do bono das persoas autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Persoas beneficiarias
    As persoas traballadoras autónomas que residan e teñan domicilio fiscal en Galicia, que teñan unha antigüidade na realización efectiva dunha actividade empresarial ou profesional  de maneira ininterrompida a data da solicitude da axuda por un prazo superior a 42 meses e  que teñan un rendemento neto reducido dos rendementos de actividades económicas declarados na declaración do IRPF, anual inferior a 30.000 euros e unha facturación mínima  anual de 12.000 euros IVE incluído, declarados no ano anterior ao da convocatoria.
    Quedan excluídas desta orde:
    a) Os familiares que, de xeito habitual, realizan traballos para persoas traballadoras autónomas, que non teñan a condición de traballadores por conta allea conforme ao establecido no art. 1.3e) do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real Decreto Lexislativo  2/2015, do 23 de outubro.
    b) Os traballadores economicamente dependentes aos que se refire o capitulo III do Titulo II da lei20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do Traballo Autónomo.
    c) As persoas beneficiarias das axudas reguladas na orde do 11 de xullo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do bono das persoas autónomas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 quedan excluídas das axudas as actuacións recollidas na liña 1 definidas no artigo 7.2 desta orde.
    d) Autónomos/as societarios.

    Tipo de axuda
    1. Poderase conceder para a mellora da competitividade da actividade empresarial ou profesional das persoas beneficiarias desta orde, mediante pagamento anticipado, unha subvención dun 80 % da actividade a subvencionar cun límite máximo de 3.000 euros de axuda polo conxunto de actividades subvencionables, sendo o resto do gasto por conta do beneficiario.
    2. Esta axuda terá dúas liñas de actuación:
    Liña 1 mellora da competitividade a través dos seguintes servizos:
    •    Investigación de mercado.
    •    Plan de márketing
    •    Plan de comunicación do negocio.
    •    Plan estratéxico do negocio.
    •    Plan crecemento: constitución sociedade.
    •    Plan de reorientación do negocio.
    •    Plan de uso das novas tecnoloxías no negocio.
    •    Plan de refinanciación.

    Tamén poderanse subvencionar outros estudos e planes que teñan como fin aumentar a competitividade da empresa.

    Así mesmo, poderá ser computable como gasto subvencionable o pagamento do importe do cofinanciamento privado dos servizos contratados co Igape a través do programa Re-Acciona  na súa convocatoria para o exercicio de 2018 e sucesivas por parte das persoas traballadoras autónomas.

    Liña 2 mellora da competitividade a través dos seguintes investimentos:
    •    Compra de Maquinaria.
    •    Compra de utillaxe e ferramentas.
    •    Reforma do local do negocio.
    •    Equipos informáticos.
    •    Rótulos.
    •    Aplicacións informáticas e páxinas web.
    •    Creación logotipo do negocio.

    Na solicitude de axudas, as liñas 1 e 2 non son excluíntes nin entre elas nin entre os distintos servizos e investimentos que as configuran. No caso de solicitar axudas da liña 1 e da liña 2, atenderase en primeiro lugar a liña 1 e despois a liña 2 co límite máximo de 3.000 € de axuda polo conxunto de actividades subvencionables.

    A axuda para a compra de equipos informáticos outorgarase unicamente a persoas traballadoras autónomas con código de actividade CNAE 62, 631, 69, 702, 71, 72 e 741
    4. A través desta axuda serán subvencionables os gastos realizados desde o día seguinte ao da publicación desta orde e durante o período subvencionable, efectivamente xustificados, mediante facturas e documentos bancarios acreditativos do seu pagamento, con anterioridade á finalización do período de xustificación establecido na resolución de concesión ou, en todo caso, ata o 20 de decembro do exercizo en curso.
    Non se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos, como é o caso do IVE, cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación, segundo dispón o artigo 29.8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    5 Os investimentos deben ser contratados con provedores que se adiquen a actividade obxecto da subvención.

    Procedemento de concesión
    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención  non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
    Se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación.  Para estes efectos, terase en conta a data en que a correspondente solicitude se presentou de acordo co previsto no artigo 9.2  desta orde. No caso de coincidencia na data de presentación entre dúas ou más solicitudes presentadas, a orde de prioridade virá determinada pola hora.

    Prazo de solicitudes
    O prazo xeral para a presentación de solicitudes de axudas do programa do bono autónomo será dun mes desde a súa publicación no DOG.

    Orde de convocatoria
    Orde do 22 de maio de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do programa  do bono das persoas autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (Código de procedemento TR 341Q).Diario Oficial de Galicia nº 105 de 4 de xuño de 2018.
     

  • Estado:
    Fora de Prazo

Ligazóns relacionadas