Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de apoio á creación, ampliación e mantemento de centros especiais de emprego (TR341E e TR341N)

Prazo Presentación: O prazo de presentación de solicitudes será ata o 10 de novembro de 2017. - Data Fin Prazo: 03/10/18
  • Data publicación
    03/09/18
  • Corpo

    Obxecto
    Incentivar a creación de postos de traballo indefinidos e financiar as adaptacións dos postos de traballo para traballadores e traballadoras con discapacidade nos CEE sen ánimo de lucro da Comunidade Autónoma de Galicia, así como financiar as asistencias técnicas que precisen.

    CEE Beneficiarios, requisitos:
    - Cumprir cos requisitos que se establecen no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    - Figurar inscritos e cualificados como CEE sen ánimo de lucro ou ter solicitado a cualificación ante o Rexistro Administrativo de CEE da Comunidade Autónoma de Galicia (conforme ao disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo) na data de presentación da solicitude de axudas.
    Exceptúase a axuda de asistencia técnica para informe de auditoría sobre a conta xustificativa recollida no artigo 40.d) á que poderán optar todos os CEE inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia, ou que teñan solicitada a inscrición na data de presentación da solicitude de axudas.
    - Os CEE sen personalidade xurídica propia deberán ter unha xestión diferenciada da súa entidade titular polo que deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.

    Período subvencionable:
    Do 1 de xullo de 2018 ata 30 xuño de 2019

    • Anualidade 2018: Postos de traballo creados entre o 1 de xullo de 2018 e o 30 de novembro de 2018.
    • Anualidade 2019: postos de traballo creados entre o 1 de decembro de 2018 e o o 30 de xuño de 2019.

    TIPOS DE AXUDA
    1. Creación de postos de traballo de carácter indefinido
    - BENEFICIARIOS: CEE cualificados sen ánimo de lucro
    - GASTO SUBVENCIONABLE: Postos de traballo creados con carácter indefinido ou transformación de contratos temporais en indefinidos.
    Subvencionarase ata o 100% do custo total do investimento realizado en activo fixo, directamente relacionado coa actividade do centro (tendo en conta a contía máxima por posto creado).
    - CONTÍA por posto de traballo creado: Contía base de 12.000€ por cada posto de traballo creado con carácter indefinido (ou que se transforme en indefinido) e a xornada completa.
    O importe desta contía será proporcional á xornada de traballo que conste no contrato de traballo indefinido ou na transformación.
    A contía base poderá incrementarse con incentivos do 25% cando se dean as seguintes circunstancias (acumulables entre si):
    a) se a persoa contratada é unha MULLER.
    b) se a persoa contratada ten unha DISCAPACIDADE CON ESPECIAIS DIFICULTADES de inserción segundo o expresado no artigo 5.3.
    c) se a persoa contratada é MAIOR DE 45 ANOS.
    d) se a persoa contratada ten a condición de EMIGRANTE conforme establece o artigo 5.4.
    e) no caso de que o CENTRO DE TRABALLO no que se incorpora a persoa traballadora estea SITUADO NUN CONCELLO RURAL segundo a definición do artigo 5.5
    De aplicarse todos os incentivos anteriores, a contía máxima por cada posto creado será de 27.000.
    - REQUISITOS:
    a) A empresa beneficiaria da subvención deberá manter os postos de traballos creados con carácter indefinido, un mínimo de 2 anos.
    b) Cada un dos centros de traballo do CEE poderá solicitar un máximo de 25 postos.

    2. Adaptación de postos de traballo
    - BENEFICIARIOS: CEE cualificados sen ánimo de lucro
    - GASTO SUBVENCIONABLE: Adaptación de postos de traballo ou eliminación de barreiras arquitectónicas.
    Subvencionarase ata o 100% do custo total realizado na adaptación do posto ou eliminación de barreiras (tendo en conta a contía máxima por posto).
    - CONTÍA por posto adaptado: 2.000 euros.
    - REQUISITOS: deberá xustificarse a necesidade da adaptación antes da concesión e deberá contar co informe favorable da Inspección de Traballo e Seguridade Social antes do pagamento.
     
    3. Subvención por asistencia técnica
    - BENEFICIARIOS:

    • Asistencia técnica das letras a) b) e c): CEE cualificados SEN ánimo de lucro.
    • Asistencia técnica de auditoría sobre a conta xustificativa (letra d): Todos os CEE

    - GASTO SUBVENCIONABLE: ata o 100% do gasto aos CEE cualificados SEN ánimo de lucro polo rexistro administrativo de CEE da Comunidade Autónoma de Galicia e ata o 80% aos demais CEE, tendo en conta en calquera dos casos a contía máxima por asistencia técnica.
    - TIPO DE ASISTENCIA TÉCNICA e REQUISITOS da axuda:
    a) Contratación de persoal de dirección, sempre que o CEE teña como mínimo 10 persoas traballadoras. Esta axuda poderá concederse como máximo en dúas convocatorias.
    b) Custes derivados da obtención das certificacións de calidade e as súas sucesivas renovacións. A axuda para a implantación quedará condicionada á obtención da certificación de calidade.
    c) Nos casos de creación dun centro de traballo (creación dun novo CEE ou ampliación do centro de traballo, coa debida cualificación do Rexistro administrativo de CEE de Galicia) ou nos casos de diversificación da actividade do centro suficientemente acreditada poderán outorgarse axudas de asistencia técnica consistentes en:
    - Estudos de viabilidade, organización, comercialización e outros de natureza análoga.
    - Labores de asesoramento nas diversas áreas de xestión empresarial, excluídas as tarefas que, pola súa natureza, teñan carácter ordinario e continuado na actividade da empresa.
    - Auditorías e informes económicos, sempre que estes non se realicen de xeito obrigatorio por unha disposición que así o esixa.
    - Auditorías sociais que permitan a empresa avaliar a súa eficacia social e o seu comportamento ético en relación aos seus obxectivos, de maneira que poida mellorar os seus resultados sociais e solidarios e dar conta deles a todas as persoas comprometidas pola súa actividade.
    d) Auditoría sobre a conta xustificativa das axudas a CEE recollidas nos programas I (unidades de apoio) e III (custo salarial).
    - CONTÍA por CEE
    - Asistencia técnica das letras a) b) c) no seu conxunto: máximo 15.000€
    - Auditoría sobre a conta xustificativa: máximo 3.000€

    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de outubro de 2018.

    Orde de convocatoria e bases reguladoras: Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a Centros Especiais de Emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 167 do 3 de setembro de 2018).
     

  • Estado:
    Fora de Prazo