Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de subvencións ás unidades de apoio á actividade profesional dos centros especiais de emprego (TR341K)

Prazo Presentación: Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia - Data Fin Prazo: 03/10/18
  • Data publicación
    03/09/18
  • Corpo

    Obxecto:
    Subvencionar o desenvolvemento das funcións das persoas profesionais das unidades de apoio á actividade profesional, no marco dos servizos de axuste persoal e social dos centros especiais de emprego da Comunidade Autónoma de Galicia, no proceso da incorporación a un posto de traballo, así como a permanencia e progresión no mesmo das persoas con discapacidade con especiais dificultades de inserción laboral.

    CEE Beneficiarios:
    - Cumprir cos requisitos que se establecen no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    - Figurar inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia, ou ter solicitada a inscrición  como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo ante o Rexistro Administrativo de CEE da Comunidade Autónoma de Galicia (conforme ao disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo), na data de presentación da solicitude.
    - Os CEE sen personalidade xurídica propia deberán ter unha xestión diferenciada da súa entidade titular polo que deberán levar unha contabilidade separtada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
    - Que formen parte do seu cadro de persoal persoas traballadoras co tipo de discapacidade indicado no artigo 5.3 das bases reguladoras:

    • Persoas con parálise cerebral, persoas con enfermidade mental ou persoas con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %.
    • Persoas con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65 %.

    - Dispor de unidades da apoio á actividade profesional coa composición establecida na orde que regula estas axudas.

    Período subvencionable:
    Do 1 de xullo de 2018 ata 30 xuño de 2019.

    • Anualidade 2018: mensualidades desde o 1 de xullo de 2018 a 30 de novembro de 2018.
    • Anualidade 2019: mensualidades desde o 1 de decembro de 2018 a 30 de xuño de 2019.


    AXUDA:
    - GASTO SUBVENCIONABLE: custos salariais e da Seguridade Social derivados da contratación indefinida dos traballadores e traballadoras das unidades de apoio á actividade profesional nos centros especiais de emprego.
    Subvencionarase ata o 100% do gasto aos CEE que estean cualificados SEN ánimo de lucro polo rexistro administrativo de CEE da Comunidade Autónoma de Galicia e ata o 80% aos demais CEE, tendo en conta en calquera dos casos a contía máxima por persoa con discapacidade atendida pola unidade de apoio.
    - CONTÍA: 2.400 euros /ano por cada persoa traballadora atendida pola unidade de apoio (co tipo de discapacidade indicada no artigo 5.3, contratada a xornada completa, por tempo indefinido ou mediante contrato temporal de duración igual ou superior a seis meses).
    A contía reducirase proporcionalmente en función da duración dos contratos das persoas traballadoras con discapacidade apoiadas inferiores un ano e en función da duración da xornada cando contrato sexa a tempo parcial.
    No suposto de que nun mesmo mes se produzan variacións na duración da xornada laboral da persoa traballadora con discapacidade atendida pola unidade de apoio, soamente se terá en conta para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade a porcentaxe da xornada laboral inferior.
    A subvención concederase por todas as mensualidades do período subvencionable, e calcularase en función da relación nominal de persoas traballadoras do mes de xullo.

    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de outubro de 2018.

    Orde de convocatoria e bases reguladoras

    Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a Centros Especiais de Emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 167 do 3 de setembro de 2018).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas