Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Subvención do custo salarial para o mantemento de centros especiais de emprego (TR341M)

Prazo Presentación: O prazo para a presentación desta solicitude será dun mes contado a partir do día seguinte á publicación da orde no Diario Oficial de Galicia - Data Fin Prazo: 03/10/18
  • Data publicación
    03/09/18
  • Corpo

    Obxecto
    Axudar aos centros especiais de emprego a manter os postos de traballo dos traballadores e das traballadoras con discapacidade mediante o financiamento parcial dos seus custos salariais.

    CEE Beneficiarios
    Os centros especiais de emprego que cumpran os seguintes requisitos:
    - Cumprir cos requisitos que se establecen no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
    - Figurar inscritos como tales no rexistro administrativo de centros especiais de emprego de Galicia, ou ter solicitada a inscrición  como centro especial de emprego ou a ampliación de novos centros de traballo ante o Rexistro Administrativo de CEE da Comunidade Autónoma de Galicia (conforme ao disposto no Decreto 200/2005, do 7 de xullo), na data de presentación da solicitude.
    - Os CEE sen personalidade xurídica propia deberán ter unha xestión diferenciada da súa entidade titular polo que deberán levar unha contabilidade separada da dita entidade e ter unha conta de cotización da Seguridade Social propia do CEE.
     
    Período subvencionable:
    Do 1 de xullo de 2018 ata 30 xuño de 2019.

    • Anualidade 2018: mensualidades desde o 1 de xullo de 2018 a 30 de novembro de 2018.
    • Anualidade 2019: mensualidade de decembro de 2018 e, se é o caso a 2ªpaga extra de 2018 e as mensualidades de xaneiro a xuño de 2019 maila 1ª paga extra de 2019 se é o caso.

    AXUDA:
    •    Ata o 50% do salario mínimo interprofesional (SMI) para os postos de traballo ocupados por persoas  cun grao de discapacidade recoñecida igual ou superior ao 33 %.
    •    Ata o 60% do salario mínimo interprofesional (SMI) para os postos de traballo ocupados por persoas con discapacidade con especiais dificultades conforme ao indicado no artigo 5.3
    O importe da subvención incluirá a parte proporcional de dúas pagas extraordinarias ao ano.
    No suposto de cese da relación laboral as subvencións incluirán as liquidacións que correspondan pola parte proporcional da paga extra polo período traballado do 1 de xullo de 2018 ao 30 de xuño de 2019.
    No suposto de contratos de traballo a tempo parcial, a subvención experimentará unha redución proporcional á xornada laboral realizada.
    No suposto de que nun mesmo mes se produzan variacións  na duración  da xornada laboral do traballador ou da traballadora con discapacidade, soamente se terá en conta para calcular a contía que se concederá nesa mensualidade a porcentaxe da xornada laboral inferior.
    A subvención concederase por todas as mensualidades do período subvencionable, e calcularase en función da relación nominal de persoas traballadoras do mes de xullo.

    Prazo de presentación de solicitudes: ata o 3 de outubro de 2018.

    Orde de convocatoria e bases reguladoras: Orde do 13 de agosto de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas a Centros Especiais de Emprego co fin de promover a integración laboral das persoas con discapacidade, e se procede á súa convocatoria para as anualidades 2018-2019 (DOG nº 167 do 3 de setembro de 2018).
     

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas