Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de fomento e consolidación do emprego nas pequenas empresas de nova creación (TR807I)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 31 de xullo de 2018. - Data Fin Prazo: 31/07/18
  • Data publicación
    26/01/18
  • Corpo

    Obxecto
    Xerar emprego estable, especialmente de mulleres, maiores de 45 anos e parados de longa duración e apoiando e dinamizando o desenvolvemento de novas iniciativas empresariais promovidas por persoas desempregadas, especialmente nos concellos rurais.

    Beneficiarios
    Empresas privadas calquera que sexa a forma xurídica que adopten, agás as persoas físicas, sociedades civís, comunidades de bens, sociedades cooperativas e sociedades laborais, que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda e nas que concorran, na data de inicio da actividade, as seguintes circunstancias:

    • que sexan empresas de nova creación
    • que sexan viables técnica, económica e financeiramente
    • que xeren emprego estable para persoas desempregadas
    • que teñan o seu domicilio social e fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia
    • que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os socios promotores non figure ningunha persoa xurídica
    • que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 euros e que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade de promotores desempregados que creen o seu propio posto de traballo na empresa.

    Ademais poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas privadas constituídas e que iniciasen a súa actividade, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídos autónomos ou autónomas e as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que obtivesen a cualificación como iniciativa local de emprego, e non transcorrese máis dun ano desde a notificación da resolución de cualificación, ou de ser o caso, no prazo que se estableza na resolución de cualificación, sempre que cumpran as condicións e os requisitos establecidos para cada tipo de axuda.


    Tipos de axuda

    • Subvención á xeración de emprego estable
    Os postos de traballo de carácter indefinido creados, incluídos os das propias persoas promotoras, ocupados por persoas desempregadas incentivaranse, ata un máximo de dez, cada un deles coas seguintes subvencións:

    1. 2.000 euros para desempregado en xeral.
    2. 4.000 euros no caso de ser persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social

    Esta axuda terá dereito ao  incremento do 25% en cada un dos seguintes casos:

    1. No caso dunha muller
    2. No caso dunha persoa maior de 45 anos
    3. No caso dunha persoa emigrante retornado
    4. O centro de traballo da empresa estea situado nun concello rural

    Cando a dedicación sexa a tempo parcial, as contías destes incentivos serán proporcionais ao tempo efectivo de traballo, en función da xornada a tempo completo establecida no convenio colectivo de aplicación ou, no seu defecto, na xornada ordinaria legal.
    Poderán ser obxecto desta subvención os postos de traballo estables de carácter indefinido creados desde o 01/08/2017 ata o 31/07/2018.

    • Subvención para formación
    Para axudar á persoa promotora ou empresaria na toma de decisións necesarias para o funcionamento da empresa, financiarase parcialmente a asistencia a actividades formativas relacionadas coa función xerencial e/ou directamente relacionada coa actividade que vaia desenvolver. A contía da subvención será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun límite máximo de 3.000 euros polo conxunto dos cursos e das actividades de formación recibidas.

    • Subvención para o inicio da actividade
    Para o financiamento dos primeiros gastos da actividade poderá concederse unha subvención de 2.000 euros por cada emprego subvencionable, ata un máximo de dez. Esta subvención terá os mesmos incrementos que no caso da subvención para a xeración de emprego estable, podendo chegar aos 8.000 euros de ter dereito aos catro incrementos
    Serán subvencionables os honorarios de notaría e rexistrador, a compra de mercadorías e  materias primas, arrendamento do local, de maquinaria e de equipos informáticos, gastos do seguro do local, publicidade, páxina web, posicionamento web e subministracións excluído o imposto sobre o valor engadido ou, no seu caso, os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación.

    • Subvención para a conciliación da vida  persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
    Subvención do 75% do custo dos servizos de gardería, ata un máximo de 3.000 euros, para os promotores que sendo titulares dunha familia teñan fillos menores de tres anos.
    Poderán ser beneficiarias as persoas promotoras que creen o seu propio posto de traballo estable e polo que obtiveran a subvención á xeración do emprego estable, sexan titulares de familias monoparentais ou na que os dous cónxuxes realicen unha actividade laboral e estean dados de alta no correspondente réxime da Seguridade Social ou mutualidade de colexio profesional.

    Procedemento de concesión
    As subvencións concederanse unha vez sexa comprobado o cumprimento dos requirimentos e condicións establecidas na orde de convocatoria ata o esgotamento do crédito.

    Prazo de solicitudes

    • O prazo xeral para a presentación de solicitudes finalizará o 31 de xullo de 2018.
    • O prazo específico para a subvención para xeración de emprego estable polas actuacións realizadas antes da publicación desta orde terán un prazo de 2 meses desde a súa publicación


    Orde de convocatoria
    Orde do 20 de decembro de 2017
    pola que se establecen as bases reguladoras para o fomento e consolidación do emprego a través do programa I para as pequenas empresas de nova creación, e o programa II, de incentivos ás empresas cualificadas como iniciativas de emprego de base tecnolóxica, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG núm. 19 do 26 de xaneiro de 2018).

  • Estado:
    Fora de Prazo

Ligazóns relacionadas