Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria (TR342A)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria rematará o 15 de outubro de 2018 - Data Fin Prazo: 15/10/18
  • Data publicación
    02/02/18
  • Corpo

    Obxecto

    Facilitar a inserción laboral das persoas desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para permanecer no mercado de traballo, e favorecer o emprego estable e facilitar a empregabilidade e ocupabilidade, todo isto a través de axudas para a contratación e formación.

    Persoas beneficiarias

    Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras ou traballadores por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.


    Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas iniciais e as temporais cunha duración inicial mínima de doce meses realizadas con persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade e persoas en risco de exclusión social, ou con persoas traballadoras procedentes dun centro especial de emprego.
    Estas contratacións deben formalizarse entre o 1 de outubro de 2017 e o 15 de outubro de 2018.

    As empresas  que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das persoas contratadas por medio do programa de bono de contratación.


    Contías

    Bono contratación
    A contratación indefinida inicial incentivarase cun bono de 4.000 euros cando a persoa desempregada se encontre nalgún dos seguintes colectivos, non acumulables:
        Persoas desempregadas de longa duración
        Persoas en situación ou risco de exclusión social
        Persoas con discapacidade

    Esta contía incrementarase nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:
    a) Se a persoa incorporada é unha muller.
    b) No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
    c) Persoas maiores de 45 anos.
    d) Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.

    Deste xeito a contía máxima posible, de aplicarse todos os incrementos, sería de 8.000 euros.

    Bono formación
    A formación incentivarase cunha axuda de 1.000 euros por cada persoa contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos no artigo 22 desta orden.


    Procedemento de concesión


    O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.


    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para presentar as solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación.

    As solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas entre o 1 de outubro de 2017 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

    As solicitudes dos bonos de contratación e formación polas contratacións subvencionables realizadas desde a entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data en que se inicie a relación laboral pola que se solicita a axuda.

    O prazo para presentar as solicitudes rematará o 15 de outubro 2018, aínda que nesa data non transcorrese o prazo sinalado no parágrafo anterior, de acordo co anexo I-A da convocatoria.


    Orde de convocatoria

    Orde do 22 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación na empresa ordinaria (DOG Núm. 24, do 2 de febreiro de 2018).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas