Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Subvencións ás entidades asociativas de traballadores autónomos (TR358A)

Prazo Presentación: Un mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. - Data Fin Prazo: 04/06/18
  • Data publicación
    03/05/18
  • Corpo

    Obxecto
    Sufragar os gastos de organización interna e funcionamento das entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial, coa finalidade de apoiar a consecución e o cumprimento dos fins que lle son propios.

    Entidades beneficiarias
    Entidades asociativas de persoas traballadoras autónomas de carácter intersectorial e cuxo ámbito de actuación comprenda todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e non sexan de ámbito superior ao da comunidade autónoma.

    Requisitos
    As entidades solicitantes, para ser beneficiarias, deberán reunir os seguintes requisitos:

    a) Ter personalidade xurídica propia e independente.

    b) Estar inscritas no Rexistro de Asociacións Profesionais de Traballadores Autónomos da Comunidade Autónoma de Galicia na data de publicación desta orde.

    c) Desenvolver a súa actividade exclusivamente no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia

    d) Ter o seu domicilio social e sede na Comunidade Autónoma de Galicia, entendendo por tal dispoñer dunha oficina permanente nela.
     

    Gastos subvencionables
    Serán subvencionables os gastos que de maneira indubitada respondan á natureza da actividade subvencionada realizados no período comprendido entre o 1 de novembro de 2017 e o 31 de outubro de 2018.

    Consideraranse gastos subvencionables os seguintes gastos xerais:
    a) Gastos de persoal. Neste concepto só se terá en conta o salario base e as cotizacións sociais, incluídas as pagas extraordinarias.

    b) Arrendamentos de locais.

    c) Servizos profesionais independentes.

    d) Primas de seguros.

    e) Publicidade e propaganda.

    f) Material de oficina, fotocopias e imprenta.

    g) Gastos de subministracións eléctricas, de telefonía, de gas e de auga.

    h) Cotas de subscrición a publicacións e inscrición en actividades e pola pertenza a outras organizacións autonómicas ou estatais.

    i) Gastos de organización ou participación en congresos, seminarios,  xornadas e outras actividades de natureza semellante, incluídos os gastos de desprazamento e manutención.

    j) Gastos ocasionados pola elaboración de estudos e publicacións, pola realización de actividades de formación en Galicia ou pola implantación de proxectos ou programas de promoción do emprego autónomo en Galicia, incluídos, neste suposto, os gastos de desprazamento e manutención.

    Subvencións
    Poderá subvencionarse ata o 90 % dos gastos subvencionables establecidos no artigo 9, e, en todo caso, o 10 % restante por conta da entidade beneficiaria.
    A contía máxima da subvención non poderá exceder a cantidade de 50.000 €.

    Prazo de solicitudes

    Un mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia.

    Orde de convocatoria
    Orde do 19 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas,  e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº  85, do 3 de maio de 2018).

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas