Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de ampliación da redución da cota da seguridade social (TR341P)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación de solicitudes no ano 2018 será ata o 31 de xullo de 2018 - Data Fin Prazo: 31/07/18
  • Data publicación
    15/05/18
  • Corpo

    Obxecto
    Esta orde ten por obxecto aprobar as bases reguladoras polas que se rexerán as axudas a persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que estean ou estivesen acollidas aos incentivos e medidas de fomento e promoción do traballo autónomo do parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, do Estatuto do traballo autónomo, que establece que a cota por continxencias comúns, incluída a incapacidade temporal, das persoas traballadoras por conta propia ou autónomas que causen alta inicial ou que non estivesen en situación de alta  durante un período de tempo anterior regulado en dito artigo, contados desde a data de efectos da alta, no réxime especial da Seguridade Social de traballadores por conta propia ou autónomos, se reducirá á contía de 50 euros mensuais durante o número de meses regulados no mencionado artigo, inmediatamente seguintes á data de efectos da alta, no caso de que opten por cotizar pola base mínima que lles corresponda. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

    Persoas beneficiarias
      Ser, ou ter sido, beneficiarias das reducións previstas no parágrafo primeiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo. As axudas só son para altas no RETA anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde
    1.    Empezar o período de seis meses obxecto da subvención regulada nesta orde no exercicio corrente de 2018.

    2.    Manter as condicións que lle deron dereito a gozar das devanditas reducións nas cotas da Seguridade Social, durante o período obxecto da subvención.
    3.    Estar ao corrente das obrigas tributarias coa Administración do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, así como, coa Seguridade Social.
    4.    Realizar a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Tipo de axuda
    1. Serán subvencionables as cotas que sexan obxecto de aboamento polas persoas traballadoras beneficiarias desta orde, durante un máximo de seis meses tras finalizar o goce da redución da contía a 50 € mensuais regulada no primeiro parágrafo do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo, sempre que a persoa beneficiaria cumpra os requisitos establecidos na presente orde.
    2. Para o cálculo da subvención tomarase como referencia a base mínima de cotización, establecida con carácter xeral na correspondente orde anual do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, vixente no mes en que se producise a alta da persoa traballadora autónoma e o tipo mínimo de cotización vixente no citado mes, incluída a incapacidade temporal. Por outra banda, teranse en conta as reducións e bonificacións aplicadas á cota que se establecen no parágrafo terceiro do artigo 31.1 da Lei 20/2007, do 11 de xullo. As axudas só son para altas no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) anteriores ao 1 de xaneiro de 2018 que cumpran cos requisitos regulados nesta orde.

    Procedemento de concesión
    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención  non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.
    A concesión das subvencións previstas nesta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario. De ser o caso, e de acordo co disposto no artigo 31.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, publicarase mediante resolución da persoa titular da Secretaría Xeral de Emprego o esgotamento das partidas orzamentarias asignadas.

    Se o orzamento asignado non é suficiente para pagar todas as axudas solicitadas aplicarase como criterio de prioridade a data de presentación. Para estes efectos, terase en conta a data en que se presentou a correspondente solicitude.

    Prazo de solicitudes
    O prazo xeral para a presentación de solicitudes no ano 2018 será ata o 31 de xullo de 2018

    Orde de convocatoria
    Orde do 27 de abril de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras, que rexerán as axudas para ampliar a redución das cotas da Seguridade Social para a consolidación do traballo autónomo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.(Diario Oficial de Galicia nº 92 de 15 de maio de 2018).

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas