Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa a prol da contratación e formación das mulleres desempregadas (TR350A)

Prazo Presentación: O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de 2018. - Data Fin Prazo: 30/09/18
  • Data publicación
    27/06/18
  • Corpo

    Obxecto

    Facilitar a inserción laboral das mulleres desempregadas que presentan desvantaxes e dificultades particulares para acceder ou permanecer no mercado de traballo.

    Por medio desta convocatoria as empresas terán a posibilidade de obter axudas para a contratación, e a formación (procedemento TR350A).

    Persoas beneficiarias

    Poderán ser beneficiarias das axudas previstas nesta orde as persoas empregadoras e as empresas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten, incluídas as persoas autónomas, as sociedades civís e as comunidades de bens, aínda que carezan de personalidade xurídica, que contraten traballadoras por conta allea para prestaren servizos en centros de traballo radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo cos requisitos e condicións que se establecen nesta orde.

    Ámbito temporal de aplicación e contratacións subvencionables

    Serán subvencionables ao abeiro deste programa as contratacións indefinidas  realizadas con mulleres desempregadas

    Estas contratacións deben formalizarse desde o 1 de xaneiro e ata o 30 de setembro de 2018.

    As empresas  que así o soliciten poderán ser beneficiarias dun bono para a formación das mulleres contratadas por medio do programa de bono de contratación.

    Contías

    Bono contratación

    As contratacións realizadas ao abeiro desta orde de convocatoria incentivaranse cunha axuda 7.000 euros por cada muller desempregada contratada .
    Estas contías incrementaranse nun 25% nos seguintes casos, que son acumulables entre si:

    • No caso de que sexa maior de 45 anos de idade
    • No caso de que o centro de traballo (ou domicilio fiscal, no caso de carecer deste) estea situado nun concello rural.
    • Se a persoa incorporada é un emigrante retornado.

    Bono formación

    A formación incentivarase cunha axuda de 1.000 euros por cada muller contratada que a reciba na súa integridade e que cumpra os requisitos establecidos nesta orde.

    Procedemento de concesión

    O procedemento de concesión das solicitudes presentadas ao abeiro desta orde axustarase ao disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

    Prazo de solicitudes

    O prazo xeral para a presentación das solicitudes das axudas establecidas nesta orde comezará o día seguinte ao da súa publicación e rematará o 30 de setembro de  2018.

    As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas entre 1 de xaneiro 2018 e a data da publicación desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da publicación da orde.

    As solicitudes de axudas polas contratacións subvencionables realizadas a partir da entrada en vigor desta orde deberán presentarse no prazo de dous meses desde a data de inicio da relación laboral, respectando o prazo xeral do 30 de setembro de 2018.

    Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

    Orde de convocatoria

    Orde do 7 de xuño 2018, pola que que se establecen as bases reguladoras dun programa a prol da contratación das mulleres desempregadas, cofinanciado polo PO FSE Galicia 2014-2020, e a formación e se procede a súa convocatoria para o ano 2018.
    (DOG Núm 122, do 27 de xuño de 2018).

     

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas