Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Recursos > Axudas e subvencións

Axuda

Programa de remuda xeracional (TR341S)

Prazo Presentación: O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2018. - Data Fin Prazo: 30/09/18
  • Data publicación
    27/06/18
  • Corpo

    Obxecto

    1. Estas bases reguladoras teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas do programa de relevo xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia desde a entrada en vigor deste orde ata o 30 de setembro de 2018.

    2. A finalidade deste programa é a concesión de axudas económicas para a realización dun relevo xeracional ordenado nos negocios das persoas traballadoras autónomas.

    Persoas e entidades beneficiarias

    1. Serán persoas beneficiarias destas axudas a persoa traballadora autónoma que vai transmitir o seu negocio por cese, e que no momento da transmisión estea nalgunha das seguintes situacións no momento da transmisión do negocio:

    a) Que teñan 63 anos ou máis.

    b) Pola declaración de incapacidade total ou absoluta (incluíndo grande invalidez) recoñecida polos órganos competentes da seguridade social.

    c) As persoas herdeiras no caso de falecemento da persoa traballadora autónoma titular do negocio.

    No caso das persoas traballadoras autónomas societarias para ser beneficiarios desta axuda a transmisión das accións ou participacións da sociedade debe supoñer o control da sociedade por parte do adquirente, é dicir, posuír máis do cincuenta por cento das accións ou participacións da sociedade.

    No caso de transmisión do negocio por ter a persoa traballadora autónoma 63 anos ou máis, debe levar máis de 48 meses de alta no no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA).

    2. Tamén será beneficiaria da axuda a persoa que adquira o negocio e que estea dada de alta no Réxime especial de traballadores autónomos (RETA) tras a súa adquisición.

    Tipo de axuda

    1. A persoa transmisora e a persoa adquirente terán unha axuda consistente no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € para a persoa transmisora e de 1.500 € para o adquirente.

    No caso de que o negocio teña varios persoas donas a axuda consistirá no pagamento do 100 % dos gastos de asesoramento cun límite de 1.000 € por negocio. Se o negocio ten varias persoas adquirentes para explotalo conxuntamente a axuda será de 1.500 € por negocio.

    Na solicitude deberá indicar se solicita a axuda como persoa transmitinte do negocio ou como persoa adquirente do negocio.

    Procedemento de concesión

    O procedemento de concesión das subvencións recollidas nesta orde axustarase ao disposto no artigo 19º.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, dado que polo obxecto e finalidade da subvención  non resulta necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento.

    Prazo de solicitudes

    O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte a data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o 30 de setembro de 2018.

    Orde de convocatoria

    Orde do 7 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa do remuda xeracional nos negocios das persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.Diario Oficial de Galicia nº 118 de 21 de xuño de 2018.
     

  • Estado:
    En prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas