Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Axudas Fora de Prazo

Axuda

Programa de emprego con apoio (TR341L)

Prazo Presentación: Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia - Data Fin Prazo: 10/09/18
  • Data publicación
    10/08/18
  • Corpo

    Obxecto
    Subvencionar ás entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio para financiar os custos salariais e de Seguridade Social dos preparadores e das preparadoras laborais contratados para levar a cabo as accións de apoio ás persoas con discapacidades ou en situación ou risco de exclusión social en empresas do mercado ordinario de traballo de Galicia, e especialmente a aquelas que teñen maiores dificultades de inserción laboral

    Entidades promotoras de proxectos de emprego con apoio e entidades beneficiarias
    As asociacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego, empresas de inserción laboral e empresas do mercado ordinario de traballo, incluídos traballadores autónomos, que conten no seu cadro de persoal con preparadores e preparadoras laborais especializados/as ou se comprometan a incorporalos e que dispoñan dos recursos materiais necesarios que garantan un desenvolvemento idóneo dos programas de emprego con apoio.

    Tipos de subvencións e contías
    Subvencións destinadas a financiar os custos salariais e da Seguridade Social que se xeren durante o período de desenvolvemento do proxecto de emprego con apoio, derivados da contratación de preparadores e preparadoras laborais polas entidades promotoras de emprego con apoio.
    A contía das subvencións establécese en función do número de persoas traballadoras con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social contratadas por unha empresa do mercado ordinario, calquera que sexa a duración do mesmo,  correspondendo:

    • 8.500 € anuais por cada persoa traballadora apoiada con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65%.
    • 5.500 € anuais por cada persoa traballadora apoiada con parálise cerebral, con enfermidade mental ou con discapacidade intelectual, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e inferior ao 65%.
    • 3.500 € anuais por cada persoa traballadora apoiada con discapacidade física ou sensorial cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 65% ,persoas xordas e con discapacidade auditiva, cun grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33% e persoas en situación ou en risco de exclusión social .

    Estas subvencións reduciranse proporcionalmente en función da duración do contrato de cada persoas traballadora apoiada así como en función da duración da xornada no suposto de que o contrato sexa a tempo parcial.

    Unha vez aplicados os criterios anteriores, a contía base que corresponda en cada caso incrementarase nas porcentaxes que se sinalan a seguir, segundo se dean as seguintes circunstancias (acumulables entre sí) na persoa preparadora laboral:

    1. Un 25 % se é unha muller.
    2. Un 25 % se é maior de 45 anos.
    3. Un 25 % se é emigrante retornada
    4. Un 25 % no caso de que o seu centro de traballo estea situado nun concello rural.

    Tendo en conta a posible adecuación dos proxectos de emprego con apoio á dispersión do tecido produtivo galego, subvenciónanse os custos de desprazamento cando un mesmo preparador ou preparadora laboral teña que prestar apoios a persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social en centros de traballo ou empresas de distintos concellos (ata un máximo de 2.500€ por preparador/a laboral)

    Procedemento de concesión
    As subvencións concederanse polo procedemento de concorrencia non competitiva, de acordo co disposto no artigo 11 da orde de convocatoria.

    Prazo de solicitudes
    O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. (Para o ano 2018 o prazo remata o día 10 de setembro de 2018).

    Orde de convocatoria e bases reguladoras
    Orde do 20 de xullo de 2018, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de promoción da integración laboral das persoas con discapacidade na empresa ordinaria, e do Programa de emprego con apoio, como medida de fomento do emprego de persoas con discapacidade no mercado ordinario de traballo, e se procede a súa convocatoria para o ano 2018 (DOG Nº153 , do 10 de agosto de 2018)
     

  • Estado:
    Fora de Prazo

Documentos relacionados

Ligazóns relacionadas