Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Seguridade e Saúde Laboral > Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral

Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral

 Información Xeral

O Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral é o órgano colexiado asesor da Administración pública na formulación das políticas de prevención e o órgano de participación institucional en materia de seguridade e saúde no traballo.

Composición

Ten unha composición paritaria tripartita con representación da Administración, das organizacións sindicais e empresariais de Galicia.

Funcións

  • Coñece-las actuacións que desenvolva a Administración pública en materia de prevención de riscos laborais
  • Informar e formular propostas, especificamente no que se refire a:
    • Criterios e programas de actuación
    • Proxectos de disposicións de carácter xeral
    • Plans, programas e proxectos en materia de prevención de riscos laborais que lle sexan remitidos pola Dirección Xeral de Relacións Laborais
    • Coordinación entre as administracións públicas competentes en materia laboral, sanitaria e de industria