Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Declaración de desemprego de persoas socias traballadoras de cooperativas

Declaración de desemprego de persoas socias traballadoras de cooperativas (TR802F)

OBXECTO

Este procedemento regula o proceso de declaración da situación legal de desemprego das persoas socias traballadoras dunha cooperativa que:

a) Cesen de forma definitiva na prestación de traballo na cooperativa

b) Cesen de forma temporal (suspensión) na prestación de traballo na cooperativa

c) Se reduza temporalmente a súa xornada de traballo en polo menos unha terceira parte e sempre que a xornada reducida resultante non sexa superior a 26 horas semanais en cómputo anual.

As causas nas que se fundamentan o cese definitivo, temporal ou a redución da xornada de traballo poden ser:

  • Económicas
  • Tecnolóxicas
  • Forza maior

A autoridade laboral será a encargada de constatar as causas económicas, tecnoloxías ou de forza maior alegadas e declarar a situación legal de desemprego, que lles dará dereito as persoas socias traballadoras a solicitar a prestación correspondente por desemprego.
Para solicitarse a situación legal de desemprego é necesario o previo acordo da asemblea xeral da cooperativa.

SOLICITUDE

Presentación a través da sede electrónica (TR802F)

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Prazo de resolución: 30 días dende a entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa resolución

DOCUMENTACIÓN

a) Solicitude da representación legal da cooperativa.

b) Certificación literal do acordo da asemblea xeral do cese definitivo ou temporal (suspensión) da prestación de traballo das persoas socias traballadoras ou da redución da súa xornada laboral.

c) Cando se trate da suspensión ou redución da xornada, certificación expedida pola persoa titular da Secretaría da cooperativa, co visto bo da persoal titular da Presidencia do Consello Reitor, na que se acredite a duración da xornada de traballo e, no seu caso, a distribución irregular da mesma ao longo do ano da persoas socias traballadoras afectadas.

d) Relación das persoas socias traballadoras para as que se solicita a declaración de desemprego, con indicación de: NIF, números de afiliación a Seguridade Social, data de ingreso na cooperativa e especialidade, categoría ou grupo profesional

e) Número de persoas socias traballadoras e de persoas traballadoras por conta allea ocupados en cada un dos centros de traballo da cooperativa, detallándose a súa especialidade, categoría ou grupo profesional, así como a modalidade do seu contrato de traballo para as persoas traballadoras por conta allea.

f) No caso de cese temporal ou redución da xornada, declaración expresa de cada unha das persoas socias traballadoras afectadas sobre a duración da súa xornada de traballo durante os 6 meses anteriores a data de solicitude.

g) Se as persoas traballadoras por conta allea da cooperativa estivesen afectadas por un expediente de regulación de emprego, farase citación expresa do mesmo.

h) Memoria explicativa da causa xustificativa do desemprego acompañada das probas que se estimen necesarias.

i) Cando a causa sexa económica se achegaran os balances e contas de perdas e ganancias dos últimos 3 anos debidamente aprobadas polos órganos competentes.

j) Informe sobre os aspectos financeiro, produtivo, comercial e organizativo da cooperativa.

l) Plan provisional de accións empresariais para a recuperación do emprego elaborado polo Consello Reitor e aprobado pola asemblea xeral.

NORMATIVA

ESTATAL

  • Real Decreto 1043/1985, do 19 de xuño, polo que se amplía a protección por desemprego aos socios traballadores de cooperativas de traballo asociado (BOE nº 157 do 2 de xullo de 1985).
  • Real Decreto 42/1996, do 19 de xaneiro, polo que se amplía a protección por desemprego aos socios traballadores de cooperativas de traballo asociado en situación de cesamento temporal ou redución temporal de xornada (BOE nº 42 do 17 de febreiro de 1996).

AUTONÓMICA

  • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar (DOG Núm. 146 do 4 de agosto de 2015).

ONDE ACUDIR para solicitar información – A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REALIZARASE EXCLUSIVAMENTE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaría Xeral de Emprego
Subdirección Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Edificio Admvo. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Tel.: 981 545 743

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña
Servizo de Emprego e Economía Social
Av. Salvador de Madariaga, nº 9 – 1º. Centro comercial de Elviña
15008 A Coruña
Tel.: 981 185 895 / 981 185 896

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo
Servizo de Emprego e Economía Social
Ronda da Muralla, 70
27001 Lugo
Tel.: 982 294 329 / 982 294 331

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense
Servizo de Emprego e Economía Social
Av. da Habana, 79
32004 Ourense
Tel.: 988 386 401 / 988 386402

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Vigo
Servizo de Emprego e Economía Social
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36202 Vigo
Tel.: 986 817 008 / 986 817 68