Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Formación e Cualificacións > Cualificacións > Acreditación das cualificacións profesionais

Acreditación das cualificacións profesionais

Instrumento técnico ó que lle corresponde a participación na elaboración das cualificacións profesionais que forman o Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (RD 1128/2003, do 5 set.), así como a súa actualización e os procedementos para acadalas a través dos certificados de profesionalidade.

Obxetivos

  • Poñer en funcionamento na nosa Comunidade o sistema de identificación e determinación das cualificacións profesionais nos diferentes sectores.
  • Integrar e coordinar os tres subsistemas de formación profesional (específica, formación para o emprego e continua) para establecer unha oferta integrada de formación asociada ás cualificacións profesionais.
  • Servir de instrumento de apoio ao emprego mediante a acreditación das competencias profesionais dos traballadores, calquera que sexa a vía de acceso pola que se acadou a competencia profesional.

Funcións

As principais funcións deste servizo encádranse dentro de dúas grandes liñas de actuación:

  • Sistema de Cualificacións Profesionais de Galicia:
    • Identificar e definir as competencias profesionais que configuran as cualificacións profesionais nos diferentes sectores produtivos.
    • Deseñar a formación modular asociada ás cualificacións profesionais, que debe servir de referente común para os tres subsistemas de formación.
    • Implantar na nosa Comunidade o sistema de acreditación e recoñecemento profesional que se estableza no ámbito nacional.
  • Certificados de profesionalidade:
    • Analizar e propoñer a modificación dos certificados de profesionalidade existentes e propoñer a elaboración de novos certificados.
    • Poñer en marcha os mecanismos necesarios para obter e acreditar a competencia profesional mediante o recoñecemento da experiencia adquirida ou da formación axeitada.

¿Qué é un certificado de profesionalidade?

É un documento de carácter oficial e con validez en todo o territorio nacional que ten por finalidade acreditar as competencias profesionais adquiridas polas seguintes vías:

  • Vía formativa: formación para o emprego, continua e outras vías non formais de formación
  • Vía da experiencia laboral debidamente acreditada.
  • Vía formativa-experiencia laboral: programas de formación e emprego, contratos de aprendizaxe e para a formación