Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Organigrama

Subdirección Xeral das cualificacións

Subdirección Xeral das cualificacións
  • Descrición

    Funcións e Atribucións

    A Subdirección Xeral das Cualificacións, como órgano de dirección, desenvolverá as funcións normativas e de xestión necesarias para garantir a implantación efectiva do Sistema nacional de cualificacións en Galicia, así como dos procesos de estudo das cualificacións, tanto para a súa determinación como para o seu seguimento, establecendo os sistemas de interrelación e cooperación cos organismos, órganos e axentes sociais implicados no mundo produtivo e formativo; coordinación cos distintos órganos e organismos competentes en materia de formación profesional, co fin de promover a integración efectiva dos subsistemas de formación profesional e entre estes e o mundo sociolaboral que lles serve de marco de referencia.

    Asumirá as funcións recollidas no Decreto 93/1999, do 8 de abril, polo que se crea o Instituto Galego das Cualificacións, e corresponderalle a xestión e rexistro do procedemento de avaliación e acreditación das competencias profesionais na Comunidade Autónoma de Galicia.

    Así mesmo, dará apoio ao Consello Galego de Formación Profesional nas materias e actividades relacionadas co Sistema nacional de cualificacións.

    Correspóndelle a xestión do procedemento de avaliación de competencias clave para o acceso aos cursos de certificados de profesionalidade niveis 2 e 3.

  • Organismos Dependientes
    Servizo de Observatorio Ocupacional
    Servizo de Deseño e Acreditación das Cualificacións