Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Organigrama

Servizo de Verificación de Fondos

  • Descrición

    Ao Servizo de Verificación de Fondos, órgano de apoio con nivel orgánico de servizo, baixo a dependencia directa do/a director/a xeral, corresponderanlle as seguintes funcións:

    • A planificación, coordinación e verificación do cumprimento da normativa comunitaria, estatal e autonómica, con posterioridade á súa execución, dos programas de axudas e subvencións en materia de programas de emprego e de formación profesional para o emprego e, en xeral, para todas as medidas de políticas activas de emprego xestionados na Consellería de Traballo e Benestar.
    • A elaboración anual dos plans de verificación e control posteriores ao pagamento das axudas concedidas e a coordinación das auditorías e as actuacións de verificación e control realizadas dentro destes plans anuais, en materia de políticas activas de emprego tanto en servizos centrais como nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, co fin de determinar os resultados das verificacións realizadas e os importes elixibles para a súa certificación ao Fondo Social Europeo, sen prexuízo das competencias de seguimento e control que, no procedemento de tramitación, concesión e pagamento dos incentivos, correspondan aos órganos concedentes.
    • A formación teórica e práctica do persoal encargado da realización destas funcións de verificación e control posteriores, así como para a realización das visitas in situ, tanto en servizos centrais como nas xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, co obxecto de dar cumprimento aos requirimentos establecidos na normativa estatal e comunitaria que resulte de aplicación.
    • O seguimento e a coordinación dos asuntos que se traten no Grupo Interconferencias Sectoriais de Preparación do Consello de Ministros da Unión Europea de Política Social, Sanidade e Consumidores, do cal forma parte a Consellería de Traballo e Benestar, así como o estudo e a compilación da normativa comunitaria existente en materia de emprego e a busca daqueles proxectos existentes en materia de cooperación territorial europea nos cales a Consellería puidese participar.