Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Cooperativismo e Economía Social > Empresas de inserción laboral

Rexistro de empresas de inserción laboral

Presentación

As empresas de inserción laboral son aquelas sociedades mercantís ou cooperativas que, debidamente cualificadas polos organismos autonómicos competentes na materia, realicen calquera actividade económica de produción de bens e servizos, cuxo obxecto social teña como fin a integración e formación sociolaboral de persoas en situación de exclusión social como tránsito ao emprego ordinario. Para estes efectos deberán proporcionar aos traballadores procedentes de situacións de exclusión social, como parte dos seus itinerarios de inserción, procesos personalizados e asistidos de traballo remunerado, formación no posto de traballo, habituación laboral e social. Así mesmo, estas empresas deberán ter servizos de intervención ou acompañamento para a inserción sociolaboral que faciliten a súa posterior incorporación ao mercado de traballo ordinario.
 
Procedemento de cualificación e inscrición como empresa de inserción laboral (TR356B)

Información

Para calquera cuestión ou información adicional pode dirixirse a:

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaría Xeral de Emprego
Subdirección Xeral de Economía Social
Edificio Administrativo San Lázaro, s/nº, Planta baixa
15781 Santiago de Compostela (A Coruña)
Tlf.: 981957747 - 981957746
Fax: 981957748
Email: economiasocial.emprego@xunta.gal