Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Procedementos de despedimento colectivo, suspensión de contratos e/ou reducción da xornada por causa de forza maior (TR820C)

PRESENTACIÓN EXCLUSIVAMENTE TELEMÁTICA A TRAVÉS DE SEDE ELECTRÓNICA

A existencia de forza maior, como causa motivadora da extinción, suspensión de contratos ou redución da xornada, deberá ser constatada pola autoridade laboral.
Prazo de resolución da autoridade laboral: máximo de 5 días a contar desde a data de entrada da solicitude no rexistro do órgano competente para a súa tramitación.

Número de persoas traballadoras afectadas
Calquera que sexa o número de traballadores da empresa e o número de afectados.

Documentación necesaria
O procedemento iniciarase mediante solicitude da empresa dirixida á autoridade laboral competente, acompañada de:

  • Os medios de proba que se estimen necesarios para acreditar a causa de forza maior.
  • Copia da comunicación da presentación da solicitude aos representantes legais dos traballadores.
  • Relación nominal dos traballadores afectados e número de identificación fiscal dos mesmos.
  • Documentación que acredite a lexitimación da persoa que presenta a solicitude.

Solicitude a través da sede electrónica, exclusivamente:

Solicitude constatación TR820C da causa de forza maior para realizar un despedimento colectivo, suspensión de contratos e/ou redución da xornada

Autoridade laboral competente para a tramitación
1.- Se a totalidade dos centros de traballo e dos traballadores da empresa radican dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

  • Se os centros de traballo e os traballadores afectados radican nunha provincia: Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da provincia afectada.
  • Se os centros de traballo e os traballadores afectados radican en varias provincias galegas: Secretaría Xeral de Emprego da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

2.- Se a empresa ten centros de traballo ou traballadores dentro e fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

  • Se afecta tan só a centros de traballo ou traballadores radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1.
  • Se afecta a centros de traballo ou traballadores radicados dentro e fóra do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:
    • Se o 85%, como mínimo, do cadro de persoal da empresa radica dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia e existen traballadores afectados na mesma: Autoridade Laboral de Galicia, segundo o sinalado no punto 1. A Autoridade Laboral de Galicia notificará á Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Emprego e Seguridade Social a resolución. 
    • Se o cadro de persoal que radica no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia é inferior ao 85% ou o expediente non afecta a traballadores situados nesta: Dirección Xeral de Emprego do Ministerio de Emprego e Seguridade Social.  

Onde acudir para solicitar información – A PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES REALIZARASE EXCLUSIVAMENTE POR MEDIOS ELECTRÓNICOS A TRAVÉS DA SEDE ELECTRÓNICA

Consellería de Economía, Emprego e Industria
Secretaría Xeral de Emprego
Subdireccion Xeral de Relacións Laborais
Servizo de Relacións Laborais e Seguridade e Saúde Laboral
Edificios Admvos. San Lázaro, s/n
15781 Santiago de Compostela
Tel.: 981 545 743

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Coruña
Servizo de Emprego e Economía Social
Av. Salvador de Madariaga , nº 9 – 1º. Centro comercial de Elviña
15008  A Coruña
Tel.: 981 185 895 / 981 185 896

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo
Servizo de Emprego e Economía Social
Rolda da Muralla, 70
27001  Lugo
Tel.: 982 294 329 / 982 294 331

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense
Servizo de Emprego e Economía Social
Av. da Habana, 79
32004 Ourense
Tel.:  988 386 401 / 988 386402

Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Vigo

Servizo de Emprego e Economía Social
Rúa Concepción Arenal, nº 8 - 2º
36202 Vigo
Tel.: 986 817 008 / 986 817 685


Lexislación aplicable

  • Real Decreto Lexislativo 2/2015, do 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.
  • Real Decreto 1483/2012, do 29 de outubro, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de despedimento colectivo e de suspensión de contratos e redución de xornada.
  • Orde do 31 de xullo de 2015 pola que se adaptan e se incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Traballo e Benestar.