Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Esquema básico certificados de profesionalidade

ESQUEMA BÁSICO SOBRE OS CERTIFICADOS DE PROFESIONALIDADE

A Lei Orgánica  5/2002 das Cualificacións  e  da formación profesional e  posteriores desenvolvementos, caracterizase polo seguinte:

  • Normativiza un sistema integral para os ámbitos educativos e laboral, a referencia é o  Catalogo Nacional de Cualificacións Profesionais (CNCP).
  • Integral,  pois a oferta regrada de formación profesional a través dos ciclos formativos medios/superiores  e a oferta formativa laboral  de certificados de profesionalidade,  xa non son ámbitos diferenciados senón que ambas ofertas están integradas no CNCP.

No ámbito laboral e para acceder ao mercado laboral, 

  • Os certificados de profesionalidade son un instrumento de acreditación oficial para as cualificacións profesionais.
  • Estes cualifican  segundo os requirimentos do mercado laboral.
  • Teñen 3 niveis de cualificación profesional.
  • A referencia é o Repertorio Nacional de Certificados de Profesionalidade que está estruturado en 26 familias profesionais con a súas  correspondentes áreas profesionais e niveis de cualificación.

Para  obter a  acreditación da   cualificación profesional  tes dúas vías:

  • Realizar cursos  convocados e aprobados  pola Consellería de Traballo e Benestar dentro das accións formativas para a  formación para o emprego.
    • A maioría da oferta formativa  actual é de cursos de certificados de profesionalidade.
  • Iniciar un proceso de recoñecemento da experiencia laboral (REXP) e vías non formais de formación na  Consellería de Traballo e Benestar.

Os requisitos formativos para poder cursar Certificados de profesionalidade están recollidos na seguinte normativa:

  • RD 189/2013, do 15 de marzo
  • Orde da Consellería de Traballo e Benestar do 7 de xaneiro 2014
    • Para nivel 1    Non hai requisitos
    • Para nivel 2    ESO o titulacións equivalentes
    • Para nivel 3     Bacharelato o titulacións equivalentes

Se non tes os requisitos formativos  tes as seguintes opcións:

  • Presentarte as probas de competencias clave convocadas pola  Dirección Xeral de Emprego e Formación. 
  • Acreditar un  certificado de profesionalidade cos seguintes  casos:
    • Superar un certificado de nivel 1 que te permite cursar un certificado de nivel 2 da  mesma familia e área profesional.
    • Superar un certificado de nivel 2 que te permite cursar un certificado de nivel 3 da  mesma familia e área profesional.
    • Ter un certificado do mesmo nivel profesional.
  • Superar un curso  de competencias clave  aprobado pola  Dirección Xeral de Emprego e  Formación.

O superar as probas de competencias clave sirve exclusivamente para poder realizar cursos de certificados de profesionalidade, sen ter  validez académica.
 
Enderezos  WEB