Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Temas > Relacións Laborais > Habilitación dos libros de subcontratación

Habilitación dos libros de subcontratación

OBXECTO

A habilitación pola autoridade laboral correspondente ao territorio no que se execute unha obra civil ou de construción, pública ou privada,  dos libros de subcontratación.

Cada contratista nunha obra, con carácter previo á subcontratación cun subcontratista ou traballador autónomo de parte da obra que teña contratada, deberá obter un libro de subcontratación habilitado que se axuste ao modelo establecido na normativa.

A habilitación consistirá na verificación de que o libro reúne os requisitos establecidos na normativa.

No caso de que o contratista necesite a habilitación dun segundo libro para unha mesma obra deberá presentar á autoridade laboral o libro anterior para xustificar o esgotamento das súas follas ou o seu deterioro.

No caso en que fose requirida a achega do libro para un proceso xudicial, solicitarase á autoridade laboral a habilitación dunha copia legalizada deste, con carácter previo á remisión do orixinal ao órgano xudicial.

En caso de perda ou destrución do libro anterior ou outra circunstancia semellante, tal feito se xustificará mediante declaración escrita do empresario ou do seu representante legal da non presentación e probas das que dispoña, facéndose constar dita circunstancia na dilixencia de habilitación, posteriormente o contratista reproducirá no novo libro as anotacións efectuadas no anterior.


Beneficiarios/as

•    Empresas, españolas ou estranxeiras, inscritas no REA como contratistas, que teñan capacidade para subcontratar e que vaian a facelo nunha obra civil ou de construción.


NORMATIVA

ESTATAL:

-    Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción. (BOE n.º 250, do 19.10.2006)

-    Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006. (BOE n.º 204, do 25.08.2007)

AUTONÓMICA:

-    Resolución do 31 de outubro de 2007, da Dirección Xeral de Relacións Laborais pola que se comunica os lugares de habilitación e se dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (DOG n.º. 220, do 14.11.2007 – CE – DOG n.º 226, do 22.11.2007)

-    Resolución do 8 de febreiro de 2008, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, complementaria da do 31 de outubro de 2007, pola que se comunican os lugares de habilitación e se dá publicidade á versión bilingüe do libro de subcontratación regulado no Real decreto 1109/2007, do 24 de agosto, polo que se desenvolve a Lei 32/2006, do 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción (DOG n.º 36, do 20.02.2008)

DOCUMENTACIÓN

Deberán adquirir os libros de subcontratación coas características establecidas na normativa vixente.
A habilitación poderán facela de xeito presencial ou enviar o/s libro/s por correo co modelo de escrito que aparece en solicitude, exclusivamente, ante a xefatura territorial correspondente segundo a provincia onde estea situada a obra.
Máis información:

Lei reguladora da subcontratación no sector da construcción


SOLICITUDE

-    Modelo de solicitude

ONDE ACUDIR

Consellería de Economía, Emprego e Industria


XEFATURA TERRITORIAL DA CORUÑA
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Av. Salvador de Madariaga, 9-1º
15008  A CORUÑA
Tel.: 981 185 896 Fax: 981 185 761

XEFATURA TERRITORIAL DE LUGO
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Ronda da Muralla, 70
27071  LUGO
Tel.: 982 294 329 Fax: 982 294 359

XEFATURA TERRITORIAL DE OURENSE
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
Av. da Habana, 79
32004  OURENSE
Tel.: 988 386 401 Fax: 988 386 770

XEFATURA TERRITORIAL DE VIGO
SERVIZO DE EMPREGO E ECONOMÍA SOCIAL
R/ Concepción Arenal, 8-2º
36202  VIGO
Tel.: 986 817 008 Fax: 986 817 010