Consellería de Economía, Emprego e Industria Conselleria de Economía, Emprego e Industria

Inicio > Portada > Consellería > Histórico de axudas

Axuda

Programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) (TR356A)

Prazo Presentación: O prazo de presentación rematará o 30 de setembro de 2014 - Data Fin Prazo: 30/09/14
  • Data publicación
    23/06/14
  • Corpo


    Obxecto

    Establecer as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral e ás súas entidades promotoras coa finalidade de promover a inserción sociolaboral das persoas en situación ou en risco de exclusión social mediante o establecemento de medidas de fomento das empresas de inserción laboral que teñan centros de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia, a fin de que poidan cumprir a súa función social.

    Entidades beneficiarias

    As entidades promotoras de empresas de inserción laboral e as empresas de inserción laboral que cumpran as condicións e os requisitos establecidos na orde de convocatoria para os distintos tipos de axudas.

    Actuacións subvencionables

    - Subvención pola contratación de persoas en situación ou en risco de exclusión social. A contía da subvención será equivalente ao salario mínimo interprofesional mensual por cada persoa traballadora subvencionable, incluídas as pagas extraordinarias dos meses de decembro e xuño.

    - Subvención pola contratación de xerentes ou persoas técnicas. Subvención do 50% dos custos laborais totais. O importe da subvención será de ata 8.000 euros, sempre que a contratación teña unha duración inicial mínima de 12 meses, e de ata 24.000 euros se a duración inicial da contratación é de 36 ou máis meses, ou o importe proporcional se é dunha duración maior de 12 meses e menor de 36.

    - Subvención pola contratación de persoal técnico en accións de orientación e acompañamento á inserción. Subvención ás empresas de inserción laboral ou ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral do 50% dos custos laborais totais calculados sobre 12 mensualidades e terá como límite máximo por todas as contratacións, a contía de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción, sen que, en ningún caso, o importe da subvención poida superar os 12.000 euros.

    - Subvención pola realización de labores de mediación laboral. Subvención de 6.000 euros á empresa de inserción laboral pola incorporación indefinida e a xornada completa á empresa ordinaria dunha persoa traballadora en proceso de inserción ou que asesore, apoie e acompañe a unha persoa traballadora en proceso de inserción na súa iniciativa de autoemprego individual. Se o contrato é temporal e ten unha duración de 24 meses a subvención será de 3.000 euros, se é inferior a 24 meses e igual ou superior a 6 meses, o incentivo será proporcional á duración do contrato.

    - Subvención financeira. Redución dos xuros dos préstamos para financiar os investimentos que sexan necesarios para a creación e posta en marcha das empresas de inserción laboral. Como mínimo, o 75% do importe do préstamo deberá destinarse a financiar investimentos en inmobilizado material ou intanxible. A contía máxima non poderá ser superior a 3.000 euros por emprego creado durante o primeiro ano de actividade.

    - Subvención pola creación ou ampliación do cadro de persoal das empresas de inserción laboral. Subvención en atención aos novos postos de traballo creados e ocupados por persoas en proceso de inserción ata un máximo de 12.000 euros por posto de traballo. O importe da subvención non superará o 60% do custo total do investimento en inmobilizado material ou intanxible, excluídos os impostos que graven a adquisición.

    - Subvención para o inicio e posta en marcha da actividade. Subvención para o financiamento dos primeiros gastos da actividade por importe de 3.000 euros por cada persoa traballadora en proceso de inserción da empresa de inserción laboral ata un máximo de 12.000 euros.

    - Subvención para o fomento de procesos de creación de empresas de inserción laboral e asistencia técnica. Subvención ás entidades promotoras de empresas de inserción laboral para financiar os custos da creación de empresas de inserción laboral, e ás empresas de inserción laboral para financiar a asistencia técnica dirixida á reorientación da actividade empresarial. A contía da subvención será do 50% do custo total dos servizos, cun límite máximo de 6.000 euros.

    Prazo

    O prazo de presentación das solicitudes das axudas previstas nesta orde rematará o 30 de setembro de 2014.

    Orde de convocatoria

    Orde do 12 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos ás empresas de inserción laboral (EIL) e ás súas entidades promotoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014 (DOG nº 118, do 23 de xuño de 2014).

    Programa operativo

    Este programa está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 80% a través do Programa Operativo do FSE de Galicia 2007-2013, número CCI 2007 ES 051 PO 004, aprobado pola Decisión da Comisión Europea do 18 de decembro de 2007, no tema prioritario 71 do eixo 2.

    ENDEREZOS E TELÉFONOS DE INFORMACIÓN

    CONSELLERIA DE TRABALLO E BENESTAR

    DIRECCIÓN XERAL DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL

    Subdirección Xeral de Fomento da Contratación e do Traballo Autónomo.
    Servizo de Integración Laboral das Persoas con Discapacidade e Empresas de Inserción
    Edificio Administrativo San Lázaro, s/n
    15781 SANTIAGO DE COMPOSTELA

    TELEFONOS:
    981-544682, 981-957732, 981-544716, 981-957253

    SERVIZO PÚBLICO DE EMPREGO DE GALICIA

    TELEF.: 902. 125.000

    REDE DE TÉCNICOS LOCAIS DE EMPREGO
    http://www.updcoordinalocal.org/directorio-axentes/index.php

  • Estado:
    Histórico